
Toñito é un currante da música. Del sempre teño un recordo antigo pegado á batería ou á armónica, instrumentos éstes que o foron levando pouco a pouco a utilizar as cordas vocais brillantemente nesta última e longa aventura musical.
Cando vexo a merda de Operación Triunfo sempre me acordo de Toñito. Aínda que estos atallos non son cousa de xente cos principios do noso veciño, nunca perdo a esperanza de velo triunfando como se merece.
A nova de que Riff Raff serán os teloneiros de Whitesnake pon as cousas no seu sitio. O bo facer demostrado en cada un dos concertos deste pedazo de grupo liderado por Toñito vai ter a súa recompensa nin máis nin menos que con Whitesnake.
Estou seguro que non tardará moito en que Whitesnake sexan os teloneiros de Riff Raff.
Opa Toñito. Eres un fenómeno.
Estamos orgullosos de ti.
Comentarios
Publicar un comentario