Canido Mundial














Estos son os lugares dende onde entran ao noso blogue. Canido é mundial, estamos ate no polo norde.
Moitas de estas entradas, especialmente as que se realizan dende países estranxeiros, son casuais, entran por despiste ou buscando outras cousas. O realmente sorprendente é que moitísimas usan como palabra clave Canido ou Barrio de Canido o que indica, ou debe indicar, que nese punto hai un Canidino cantando un alalá.
Supoño que ter unha porta aberta ao barrio dende máis aló das nosas fronteiras debe ser unha boa forma de non olvidar as orixes. Aínda que agora sexas o Xefe da tribu dos Nubas, non te olvides da tribu dos "claretus".
Para todos eles o máis forte dos saúdos.

Comentarios