Boas Novas

Hai algún tempo me queixaba do estado da placa homenaxe aos asasinados polo réximen de Franco ubicada na muralla do antigo cemiterio de Canido.


Cabreado polo tema púxenlle unha queixa ao Alcalde por medio do servizo web que teñen no portal do Concello. O certo é que dado o tempo transcurrido non contaba con reposta algunha, pero sevualá! acabo de atopar no correo a seguinte mensaxe:


"Estimado veciño:
En primeiro lugar, quero pedirlle disculpas pola tardanza á hora de contestarlle, pero o número de correos recibidos impídeme responder coa rapidez que me gustaría.
Tomo nota da súa solicitude para que sexa limpada a praca instalada no muro do cemiterio de Canido. Trasladareille a necesidade á edil de Servizos para que dea aviso aos servizos encargados destas tarefas.


Reciba un saúdo
Vicente Irisarri"


Algo é algo. Me avisa de que vai a avisar a edil que avisará ao xefe de servizo que avisará ao xefe de sección para que avise ao xefe de unidade e despois ao xefe de negociado para que avise ao encargado que lle dará a orde ao peón que levará un axudante que limpará a placa.


Prefería algo así como "A placa esta limpa, gracias pola súa colaboración", non obstante sempre impresiona que tee envíe unha carta un Alcalde. Estou que non durmo da emoción.


Cando esté limpa o celebraremos a saúde da edil esa tan maja.


Comentarios