Martinsa Fadesa - Ladronsa

Creo que non é volver ao mesianismo que me caracteriza decir que o de Fadesa estaba máis que anunciado. E non é pecar de listo dicir que non vai ser a única empresa do sector do ladrillito que irá a tomar polo cú en breve. Porque si hai negocio volátil ese é o especuleitor, máis coñecido coma construcción. Cando hai cartos que gañar, pois que sexan a paladas (nunca mellor dito), pero cando no panorama se cheira unha baixada, entón ¡chimpón!, desaparecen coma ratas.
Dez anos de ganancias a moreas e nun ano frouxo quebran todas as empresas. ¿Onde está o aforro, as inversións, o graneiro para as vacas fracas?. Nada de nada. Non hai nada, e os primeiros en pagalo os traballadores das empresas. Ao puto paro.

¿Pero non era o fin destas empresas a creación de riqueza, o desenvolvemento do país?. Fernando Martín, o Real Madrid, o Rei, Aznar, besamans. Salvadores da patria.

Insisto que non pode quedar en mans de ladróns o desenvolvemento do noso País. Porque son eso ladróns, do máis baixo. Putos cuatreros.

Canido non pode ser menos. Valleguay e outras empresas polo estilo venderon un modelo de barrio que é unha puta merda. Que lle devolvan a Miño o seu patrimonio natural destruido por ese milmillonario que agora invirte en enerxía. Estamos fodidos!. Joderon o territorio e agora nos collen polos collós coa enerxía. Fuxen dos ladrillos pero nos collen polos enchufes.

Creo que ZP e Touriño están convencidos que mandan un huevo.

Comentarios