Fernando Miramontes & Couce Pereiro

Hoxe vou falar de política. Despois de conseguir que este modem prehistórico funcione medianamente ben, teremos sesión política.
Non son moi dado a facer biografías da xente, máis ben falo deles tal e como eu os coñecín, que moitas veces é ben pouco. No caso dos persoaxes da foto teño que dicir que tiven pouco trato, pero de ambos, pasado o tempo, o meu concepto deles vai mellorando como se se tratase de dúas botellas de bo viño.
No caso do noso veciño, Fernando Miramontes, creo que é de xustiza dicir que foi o político que máis fixo polo barrio e ao que lle debemos unha homenaxe en vida. Eu pola miña conta lla fago neste mesmo momento.
A súa honradez, fóra de toda dúbida, fixo del un membro da clase política atípico. É curioso, sempre que falamos de un político honrado nos parece unha rareza, e certamente o é.
Co seu compañeiro de viaxe, Couce Pereiro, fixo un tandem irrepetible. Daquela non fun capaz de aprecialo. O adxetivo despectivo de "pelouro" e o feito de que un traballador de Bazán chegase a presidencia do Concello de Ferrol foi constantemente petardeado por esa clase social de Ferrol que pola tarde visitaban o Casino e pola noite non tiñan nin unha locha de chorizo que darlle á familia. A típica fachada. Pura fachada facha.
Co tempo un se da conta que foi a época de maior desenvolvemento de Ferrol, na que se fixeron as principais infraestructuras de comunicación, esas que hoxe nos permiten estar en medio hora dende o noso barrio ate o centro da Coruña.
Aínda me acordo un pregón da época de Manolo Couce feito por Faemino e Cansado no que, por propia iniciativa do alcalde, o presentaban como Manuel Couce Pelouro demostrando un sentido do humor acojonante. Así cun par.
Se llelo fan a algún que sei eu terminaban na ría collendo fanecas, pero sin acritud.

Comentarios

  1. tanto un coma o outro fixeron algo ben e algo mal, o veciño fernando certo é que quitou algunha multa algun veciño coas suas amizades o igual que denegou algunha lizenza de obra a algun outro cando eran pedidas por adecuarse os tempos, de couce, coñezo mais "patadas" coma honra o seu apelido que cousas boas, que certo é que algunha fixo (poucas).

    ResponderEliminar
  2. Sempre falo en termos relativos "son os que máis fixeron". Eu sempre parto da base de que ningún alcalde dos que eu coñecín fixo nada. Estes algo fixeron, polo tanto de momento son os que máis: Acceso Norte, Estadio da Malata e algunha cousa máis.
    Unha anécdota. Sendo mozo recibiume Couce Pereiro por un problema cunha subvención que non me querían dar despois de concedida o concelleiro Beceiro.
    Cheguei a onde él, falamos de todo durante unha hora e ao rematar tiña o cheque na man.
    Téñolle certo cariño pese a non coincidir políticamente.
    Saúdos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017