Festas Canido 2010


Xa pasou un ano, manda carallo!, e voltamos a estar de patrón. Este ano, con nova directiva na AAVV, temos unhas xornadas sinxelas pero, alomenos, hai algo que celebrar.

Os maios e o toldo permanecen no tempo e iso é algo que se agradece. A única crítica, puro egoísmo pola miña parte, radica no feito de que non recibín o programa por ningunha vía das utilizadas en anteriores ocasións, o que impediu compartilo con todos vós e solicitar a vosa axuda solidaria.

Canido Sostible é, e seguirá sendo, un blog independiente que loitará polo orgullo de barrio que sempre tivemos e polos nosos costumes, coste o que coste e guste ou non guste á crase dirixente. Dito isto, como xa expliquei no foro, espero que todo saia moi ben e que un ano máis nos sintamos orgullosos de ser de Canido.

O programa que está por aí pegado dí que as festas serán deste xeito:

Día 1 de Maio (día do traballo):

  • Fútbol sala no pavillón do colexio Cruceiro de Canido rivalidade Canido-Portuarios:
5 da tarde Prebenxamíns
6 da tarde: Benxamíns
7 da tarde: Alevín
8 da tarde: Veternáns
  • Grupo de baile de sevillanas canidienses na S.D.R. Canido a partires das 8 da tarde
Día 2 de Maio:

  • Percorrido de cuarteto de gaitas dende primeiras horas da mañá.
  • 12:00 horas: Banda Municipal de Ferrol
  • 13:00 horas: Toldo da Tafona (coa colaboración dos veciños do barrio) pinchos e música popular.
A organización prega aos veciños a ornamentación floral das súas casas para manter viva a tradición dos maios.

Haberá colchonetas elásticas para os pequenos na plazoleta Poeta Pérez Parallé.

Entre os que a AAVV agradece a colaboración destaca o noso colega Moscofly, sempre disposto a ofrecer un chisco do seu traballo a favor dun barrio como o noso.

Pola miña parte un recordo á familia de Reme.

Comentarios

  1. opa Canido ! a ver se nos vemos ! Abreobare!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017