Pipo & Alvarito

Aproveitando que teño a "bisagra" mal, vou escribir sobre dous persoaxes do barrio dos que xa tiña ganas de falar.

Alvaro Lamas (Alvarito) e Pipo García son probablemente dos músicos máis brillantes e auténticos que criou este barrio. Non sei se iso foi suficiente para amasar unha grande fortuna económica, non creo, pero seguro que a súa bagaxe profesional é envidiada por moitos dos que, gracias a "papuchi", viven en mansións impolutas rodeadas de cancudrulos.

Eu pouco os coñecín, non así os meus irmáns (esa prole!), máis teño un recordo da miña infancia de Pipo como un mozo delgado, sempre ataviado con algún artefacto sonoro ás costas, cun paso longo e rápido e algo cargado de hombros. Non se parecerá nada a realide, pero eso é o que gardo no meu disco duro.

De Alvarito non teño recordos en imaxes, máis si das historias que o comparaban a os grandes monstruos da música. Era un músico mítico antes de empezar.

Co paso do tempo o sonido da steel guitar de Alvarito nos Limones, en Dinamita pa los Pollos, con Antonio Vega, Los Secretos e incluso os propios Cempés, enchíanos de orgullo a todos, e sempre fardábamos por aí adiante co típico "ese é de Canido".

Concretamente do seu paso polos Limones, non me equivoco se digo que a caída en picado deste grupo coincidiu coa marcha de Alvarito, ate que a gaivota do PP foi a rescatalos do seu naufraxio en alta mar. Para min sen dúbidas foi a clave do seu éxito.

Tanto Alvaro como Pipo seguen camiños converxentes, e hoxe en día andan metidos en aventuras musicales conxuntas que aínda que non son dirixidas ás grandes masas, son de altísima calidade como todo o que fan eles.

Xa sabedes que as miñas biografías son breves. Non entro en máis detalles que dos que me ofrece a miña memoria de peixe, máis mal bloge canidiense sería éste se non ten entre as súas páxinas un recordo para estas figuras da música, que para orgullo de todos nós son de Canido.

Fotos:www.fillazos.com e www.conciertoswing.com

Comentarios

  1. hello... hapi blogging... have a nice day! just visiting here....

    ResponderEliminar
  2. Hapi queeeee???
    Vai rañala por aí!!!!
    Non te boto que logo me riñen por facha censor, pero vai rañala.
    Hapi, hapi...vai facer publicidade no carallo.

    ResponderEliminar
  3. Ainda que un pouco tarde unha aperta grande, Faustino, ai seguimos co rocanrol ao lombo, e con Canido no corazón pero un pouco mais gordos, ja, ja. Gracias polo teu blog, e magnífico, agora vivo a 1800 Km. do barrio e síntome mais perto lendo os teus comentarios.

    ResponderEliminar
  4. Opa Pipo! Pois se ti tardas en respostar eu xa ves, non ando moi lonxe. Acabo de ver o comentario e me molou ben. Espero que che vaia moi ben alí onde andes. Unha aperta!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa