Pensamento de barrio

Cando un decide traballar polos demáis, a entregarse a labouras comunitarias, ten a obriga moral de deixar de mirarse para o embigo e pensar no ben común. 

Eso parece de perogrullo, pero non sempre é así.
No caso dos políticos, son ben coñecidos os casos de sinvergonzas que deciden apropiarse do que lle corresponde aos cidadáns, ou simplemente dedicanse a facer das institucións públicas os seus garitos particulares nos que caciquear sen rubor para beneficio exclusivo do seu círculo máis cercano.

Eso está así, e aí están os xuices traballando a todo trapo para entrullar un por un a todos esos impresentables, pero eu hoxe non falo desa casta de iluminados, refírome a outros.

Non é grato ver como baixo o disfraz do servizo aos demáis atópanse seres que somentes pensan en sí mesmos e en solucionar os seus propios problemas, feito o cal, abandonan o barco baixo mil excusas de mal pagador. E non é grato cando un o atopa en primeira persoa, cando un descubre o que antes eran simples sospeitas: que nesto do pensamento de barrio, algún non pasa dos problemas da súa rúa, e iso está moi pero que moi feo.

Sei que ate o momento, moitos de vós nin sabedes ao que me refiro,  e iso hoxe é máis que suficiente. Mañán xa veremos como o tomo.Os aludidos o entenderán, e en primeira persoa llo direi.
Canido Sostible e participativo.

Comentarios

  1. Joer, pues si que me has dejado intrigado amigo, conociendote como te conozco, buen cabreo debes de tener, pero asi es la vida, que como nos descuidemos, nos las dan por todas partes.
    De quien menos te lo esperas, te da la puñalada trapera.
    Un saludo lunático amigo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa