Orzamentos participativos

O Venres día 23 de setembro, ás 19:00 horas convocouse  a asamblea na que se deciden diferentes obras para os barrios irmáns de Ferrol Vello e Canido, dentro do que se coñece como "Orzamentos Participativos".

Este concepto de xestión municipal é novedoso na nosa cidade, máis non así noutras como Córdoba, onde este xeito de dar entrada aos cidadáns nas decisións que lles afectan directamente leva moitos anos sendo o habitual.

Aínda que non temos demasiada cultura na democracia participativa, na gobernanza e demáis termos ás veces lonxanos para os que temos a tiro de pedra ao franquismo, o certo é que merece a pena apoiar este tipo de iniciativas porque, aínda que podan non estar a gusto de todos, son unha cesión de poder no pobo, en todos nós, que non podemos deixar pasar.

Como a nosa comunidade de Canido Sostible foi invitada, con máis razón aínda.
Trasládovos esa invitación e espero que poidades asistir o maior número de compañeiros posible.
No lateral tedes acceso a máis información.
Saúdos e saúde
Faustino V

Comentarios