Tempo para a reflexión

O outro día falaba con algúns de vós sobre o cambio de rumbo que lle tiña que dar a este blog despóis da partida de Reme ao encontro do noso señor. Dicía esto dende a dor que me causou este feito, cando non pasaran máis que unhas horas do seu pasamento.
Cando hai un ano e pico estaba no salón da miña casa improvisando un boceto de blog que se ía chamar Canido Sostible, pódovos asegurar que a primeira persoa na que pensei, co permiso dos meus pai e de Don Gabriel, foi en Reme. Así xurdiu ese texto que tedes á dereita chamado "continuando a tradición" que dende o primeiro día acompaña ao meu perfil.
Este blog pretendía ser unha homenaxe permanente a ela e a outra xente que traballa polo barrio, non porque necesitasen unha palmadita na espalda nin premios para seguir, que de sobra teñen demostrado que non, se non que máis ben era eu o que tiña a necesidade de canalizar o sentir de moita xente hacia elas, para que notasen o seu alento, para que notasen o moito que se lles quere.
Reme estaba presente en todas as alusión personais á xente do barrio que aparecen no blog e que se resumen no manifesto. No manifesto do barrio.
Non sei se nalgún momento tivo constancia da existencia deste blog. Sempre tiven a tentación de comentarllo cando nos viamos polo barrio ou nalgunha xuntanza da HOAC, pero parecíame un pouco de vaidade pola miña parte, e sempre o deixaba para unha mellor ocasión que non puido ser.
Cando ocurriu a terrible desgracia dinme conta que quizáis o blog se convertera nunha trampa de sentimentos e recordos para a súa familia. Quedeime inmóvil, sen saber que facer, coa tentación de bloquealo durante algún tempo ou incluso de deixalo. Ese é o tempo de reflexión do que falo.
Nesas estou, reflexionando ese xiro que de seguro lle darei.
O que non sei é para onde, pero xirar xirarei.

Comentarios

  1. Faustino, afortunadamente eu coñezo á familia e aínda que a súa tristeza case non lles deixa respirar, e non é para menos, a perda é moi grande, son xente intelixente e ademais herdaron da súa nai os valores de superación e o amor por Canido. Penso que calquera cousa que apareza escrita no blogue vai gustarlles, e ademais e inevitábel, falar de Canido é falar de Reme.

    ResponderEliminar
  2. opa, home..., e por outro lado, isto, é Canido Sostible, pola sostibilidade do barrio! Animo Fausti !!a laboura ten que continuar, una aperta! *Abreobare

    ResponderEliminar
  3. Opa Faustino, quiero que sepas que este blog gracias a ti nos ha echo bien a muchos, el estar lejos o cerca del barrio y poder reencontrarnos con tanta gente del pasado,de nuestro querido barrio. Es estupendo, no te imaginas los recuerdos de toda la gente que de una manera u otra fueron conocidos en nuestro canido las anecdotas ya casi olvidadas que has echo que vuelvan a nuestro recuerdo y por eso yo, y me imagino que muchos mas, te agradecemos que en un momento de tu vida crearas esto, gracias y un besiño.

    ResponderEliminar
  4. Amigo Faustino, pues por eso mismo, para que no se olvide nunca la labor de toda esa gente, es por lo que debe de continuar el Blog, para que las generaciones venideras tengan constancia de la entrega y la labor de todos ellos.
    Que no decaiga amigo, un saludito.

    ResponderEliminar
  5. Hola, acóllome á magoa pola perda de Reme. Chámome Ana, son de Caranza e dende hai un ano veciña deste barrio que xa sinto como meu. Hai pouco descubrín esta páxina e xa son asidua. Síntome moi identificada co barrio e como a miña nai é da HOAC pois quero tamén recordar a Reme como un exemplo a seguir. Nada máis e ánimo.

    ResponderEliminar
  6. Hola Ana!!!

    Benvida ao blog e ao barrio.
    Polos datos que me das creo que te coñezo dende hai moitísimos anos.

    Se non me fallan as coordenadas, procedes dunha das parellas de Hoacistas máis comprometidos que deu o ceo e túa nai mantén viva a chama coma o primeiro día, fiel ás súas ideas a pesares das dificultades polas que atravesa a organización.

    Os militantes da hoac sempre se destacaron máis pola súa calidade que pola súa cantidade.

    Se me estou tirando da moto e me confundo de Ana, igualmente douche a máis cálida das benvidas.

    Un saúdo
    Faustino V

    ResponderEliminar
  7. Pois non te confundes, sorprendida quedei de que coñezas tan ben á miña familia, sen dubida coñecémonos dende hai tempo. Este blog é un acerto e espero poder axudar no que poida para que saia adiante. Unha aperta moi cariñosa. Ah! esquecíame, o outro día fixen unhas fotos das meninas e estou intentando facer un power point con música, xa cho mandarei por se gostas de poñelo. Unha aperta moi cariñosa

    ResponderEliminar
  8. Pois quedo máis tranquilo, porque nestas tiradas de moto que fago de vez en cando, ás veces me pego algún que outro batacazo.

    Respecto do power point das Meninas será moi benvido ao blog, e se te animas a escribir algunha cousa con total liberdade na temática e no plantexamento, mantendo a Canido como marco, xa sabes que tes aberta as portas neste blog.

    Unha aperta para ti e outra para túa nai e irmáns!

    ResponderEliminar
  9. Hola de novo, andaba a buscar unha dirección para enviarte o power point, pero non a atopo, xa me dirás unha aperta. Ah, son Ana

    ResponderEliminar
  10. Hola Ana,

    O correo é canidosostible@gmail.com

    Saúdos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa