Empezan os aires de festa




Aínda que botando de menos a ofrenda floral á Santa Cruz (Reme mellórate pronto!!) empezaron os aires de festa no barrio. Gaitas, acordeóns taboriles e pandeiretas da man de Caamanho e os seus colegas.
A banda municipal, en casi improvisada actuación (somentes eles sabían que ían tocar no Cruceiro), excelente.
Un fantástico maio feito polos alumnos do CEIP Cruceiro de Canido anuncia o que virá o Domingo.
O tempo acompañando. Os nosos enviados no ceo teñen boa man. Traballando para que a meteoroloxía sexa favorable.
Sinxelo, tranquilo. Unhas cañas e uns viños para rematar. ¿Qué máis se lle pode pedir á vida?
Ahhhh Canido, como molas!!.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa