Avenida de Remedios López Varela (Reme)

Voltamos á carga. Hoxe estou un pouco máis relaxado despois dunha semana tola de traballo e previa ao que me toca para o que queda de ano. Un fregao que nin vos conto.

Pero ao que imos. Onte saiu publicado na Voz de Galicia un obituario asinado por Ágeles Díez Vilagarcía no que fai un retrato de Reme case fotográfico. Non vou entrar en moitos detalles porque non quero desvirtualo, simplemente penso que debedes buscalo e lelo, vale a pena.

De todo el quérome quedar cunha proposta que deixa no ar e que me parce fundamental: que o nome de Reme permaneza na memoria do barrio dun xeito físico, bautizando unha rúa ou un centro social ou de maiores, como os que se preenden montar no barrio.
Non é para menos.

Dende Canido Sostible solidarizámonos con esa iniciativa e apoiámola. Esperemos que os que deciden estas cuestións manteñan un puntiño de cordura.

Comentarios