A Sardiñada do Albergue

Rebusca que te busca, atopei unha foto máis na que aparece unha imaxe antiga do Albergue, moi probablemente un día da sardiñada.
Entre ese grupo de parroquianos temos a Don Xosé, sacerdote de grande recordo para os veciños do barrio, especialmente para os de San Rosendo. Esta foto é, dende logo, unha testemuña da irmandade que sempre reinou entre as dúas parroquias do barrio.
Hoxe estamos en época de entrada no verán. As raiolas do sol deixanse ver tímidas pero intensas e con elas as sardiñas, que se preparan para mollar o pan de broa.
Nestas datas o barrio estaría deixando atrás as festas patronais, pero cheirando no horizonte unha mestura de sardiñas asadas e leña.
Efectivamente as festas quedaron atrás, máis no horizonte non vexo nin sardiñas nin albergue. Algo haberá que facer.
Igual é hora de facer máis e escribir menos.
Espero que apróxima vez que falemos sexa arredor do lume e cunha sardiña tumbada nun bó anaco de pan de bolo.

Comentarios

  1. Cómo mola a fotografía, qué lembranzas. Así eran os primeiros tempos no "albergue". Daquela,cando iamos, durmiamos baixo a liña de cubertos tal e como o que se ve na foto: teito de feitura artesán e material natural 100 %, como o algodón das prendas de vestir.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa