Qué sará sará!!!
















Hoxe estou aburrido e teño ganas de meter un ollo a alguén. A Ver: pito pito gorgorito para a AAVV vai o articuliño.
Como xa escribín tres folios e medio no foro, no me vou a extender moito. Mañán ás 11:00 da mañá hai o "Primeiro encontro polo saneamento integral da nosa ría: recuperación da Paria de Copacabana....." no salón do FIMO.
O tema necesario, por suposto -A Malata está podre, eso o sabemos todos- máis creo que o plantexamento é totalmente erroneo, ou polo menos parcialmente erróneo, para que non me digan que son o do NON.
A nosa ría precisa un saneamento integral que depende dunha depuradora que está en fase de execución e dun colector e bombeo que deben recoller todos os verquidos da cidade que neste momento van ao mar sen o máis mínimo tratamento.
A AAVV colleu por bandeira o saneamento do barrio, o que está moi pero que moi ben, criticando ao goberno municipal por esas ideas descabelladas de utilizar os fondos do Urban en cousas tan raritas como un centro de día ou a reurbanización do cruceiro, por falar dalgunhas desas chorradas nas que tiran os cartos estes políticos nosos.
Pero amigos da AAVV, creo que, como xa digo no foro, ter como proposta estrela da asociación e estandarte da mobilización cidadana a devolución da praia de Copacabana e un porto deportivo pódenos despitar doutros asuntos máis serios, como as dotacións deportivas, os centros de maiores, a recuperación do noso patrimonio arquitectónico, a reurbanización de rúas desfeitas, os centros cívicos, bibliotecas, casas de xuventude e un grandísimo etcétera de cuestións de primeirísima necesidade que non podemos obviar, salvo que a nosa única preocupación sexa onde aparcar o iate, ou onde morenear o cu.
Pero volto ao principio. Loita a prol da Ría, por suposto. Con todas as nosas forzas. Saneala e facela produtiva dende o punto de vista da pesca e do marisqueo é de primeira necesidade.
Unha vez cubertas estas etapas iniciais, de servizos básicos, poderemos pensar en quimeras como facer unha praia nova e un porto deportivo, pero creo que a primeira alternativa debería ser a recuperacón das praias da Cabana que están feitas merda.
Utilizando un símil, é como se estamos nas Favelas de Río ou de Sao Paulo e pedimos que monten un centro comercial, que será moi necesario, pero antes haberá que facer algo máis, digo eu non?.

Comentarios

  1. Joerrr, ya tengo donde aparcar el cohete cuando baje al Barrio.
    Todo muy divino de la muerte, pero digo yo, no sería mejor intentar dejar la ría como estaba antes, por que ya de hacer ese muelle deportivo, por que no ponerle las famosas compuertas y hacer un lago y llenarlo de barquitos y parques como el Retiro.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, hace muchos años, tantos que ni me acuerdo, a Ferrol se le llamaba "Capital del Mar". De repente, se fueron los peludos, los de Astano pasaron a mejor vida (a cobrar una buena pensión, me refiero) y los de Bazán son tres y el tato. Y dejamos morir el mar.

    Hace muchos años, recuerdo ir al muelle (cuando el muelle era de todos, y no de la U-toridá) a ver carreras de motonautica. Nunca mas.

    ¿Sería tan difícil volver la mirada al mar y que los optimist sean parte de la educación física de todos los colegios? ¿sería tan dificil aprovechar las vías de copacabana para instalar dollys para grabar carreras de traineras? ¿sería tan complicado hacer que Ferrol vuelva al mar?

    Creo que no.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa