Previsións para o Toldo

Como sabedes, aproxímase o día da celebración da nosa máis fonda tradición dentro das festas patronais, o Toldo da Tafona.

O Domingo día 3, Deus mediante, celebraremos en comunidade a degustación solidaria dos alimentos e bebidas suministrados polos veciños para unha boa causa, a axuda aos máis desfavorecidos do barrio (que os hai).

Como xa falamos en outras entradas, é necesario materializar esa axuda. Moitos de vós xa mostrastes o voso apoio, pero fai falta moito máis, porque corremos o risco de ter toldo, pero baleiro.

Por elo, e co fin de facer as necesarias previsións, os que queirades amosar o voso amor polo barrio dun xeito concreto, prégovos que me remitades un correo indicando o contido da vosa axuda, algo así como: "Conta comigo, levarei vinte sacos de ostras".

Evidentemente esto é unha coña, non fan falla ostras nin percebes (aínda que non lles faríamos ascos), calquera cousa por humilde que vos pareza vale. Moitos poucos fan un moito.

Este é o momento de amosar o noso compromiso canidiano. Estamos en crise, pero sempre hai quen está peor. A soliedariedade é a mellor medicina.

Gracias anticipadas
Opa Canido!!!!!

Faustino V
Foto E.P.T.L

Comentarios

  1. Particípase como sempre?
    É dicir nos levamos , de mañá , a perola co sexa, e despois véndese.
    Eu penso que é mellor explicar como se fan as cousas, xa que os e as de Canido, de sempre, estamos afeitos, pero os novos desexosos e desexosas de participar ao mellor non entenden a Filosofía do toldo.
    Penso que o blogue é un bo sistema para achegarse á xente, pero ao mellor uns cartaces polo barrio nos estarían mal,
    Eu participarei como sempre levando algo.

    ResponderEliminar
  2. Tes razón co que comentas, igual uns carteis non estarían mal, pero o boca a boca sempre funcionou.

    Eu non son o organizador, que non me quero levar méritos qe non teño, é Eduardo Hermida que xa está avisando á xente- Eso máis o que fagamos dende o blog, malo será que non nos xuntemos un puñado de xente.

    Eu estou para o que se me pida, de momento a miña tarea está na parte virtual do asunto e dende logo o Domingo aportarei todo que poida e farei o que se precise de min.

    A participación é como sempre, a perola matutina por parte dos xenerosos veciños e veciñas e a vendela como tapas. Os ingresos menos os gastos serán para unha a causa solidaria.

    Non ten máis.

    ResponderEliminar
  3. Levo 20 anos en Canido, é considérome do barrio; ainda que para os de Canido sexa "venidera". Facer o toldo é algo noso, do barrio coma ben dixechedes pero non hai que esquecer que xa fai 6 anos que non se celebra; os carteis non estarían mal como tampoco ir polos poucos bares que nos quedan avisando; ainda recordo o queixo que sempre aportaba "Geluca" , entre outros.
    É unha mágoa que os nosos fillos non podan participar nas tradicións que viviron os seus pais.
    Sen embargo,outra cousa que non esquezo do toldo é a da xente a que lle gosta a festa e a tradición, pero cando se acaba e toca recoller...xa non gosta tanto o toldo e é mellor ir comer coa nai (case sempre coincide co día da nai) e que se queden os dous de sempre ata as 4 ou as 5 da tarde(e levar as bolas e demais o local das vellas).O de estar de 12 a 2 no toldo é moi divertido e a xente pasao moi ben, pero para co toldo sexa posibel moita xente ten que estar ao "pé do canón" dende as 9 ou as 10 e,coma xa dixen antes,ata as 5, e a iso moita xente non está disposta.

    Esperemos ca non sexa o caso.
    Sorte.

    Opaaííí!!

    ResponderEliminar
  4. Volves a ter razón. Vexo que xa pasaches polo pola experiencia.

    Este ano será igual, uns traballarán e outros disfrutarán, pero qué máis dá! non se trata de eso?.

    O importante é que a xente vaia e disfrute e esté orgullosa do seu barrio.

    A implicación virá ao seu tempo

    Saúdos e Opa Canido

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017