¿Que hai de novo, vello?

Bueeeeeeno, bueeeenno, unha semana de viaxe non está mal, non?.

Unha viaxe bastante vinculada á ruta da Plata, que pasou por Puebla de Sanabria, Bragança, Zamora, Salamanca e o Val do Jerte en Cáceres.
Por suposto non se trata de dar envexa, que podería (pois son terras dignas de ser recorridas a pe), se trata como sempre de buscar o vínculo co noso barrio. Un vínculo, ou máis ben, unha relación que apareceu de súpeto cando visitábamos a magífica ciudadela de Bragança en Portugal.

Esta cidade vella e amurallada (sónavos?) é un auténtico museo habitado. Parece de conto, totalmente recuperado e mimado polas autoridades locais, igual que o resto da cidade, onde é imposible ver un papel ou unha cagarruta dun can en todo o entorno urbán.
Pois dicía que cando andábamos polas rúas de paseo, flipando por como tratan o patrimonio os nosos veciños do sur, eses que en tempos considerábamos subdesenvolvidos, atopeime coa copia casi idéntica dun dos rincones desaparecidos do barrio, este que vos amoso nesta foto acompañado do seu xemelgo portugués. É difícil diferencialos, non? .
A diferencia é clara, un vai a ser restaurado como o resto da cidade, que está chea de turistas que veñen de todo o mundo para ver este exemplo de conservación, mentres o outro foi destruido e neste momento é un solar que probablemente tarde en ser reurbanizado tendo en conta a actual crise económica.
Non quero facer ningunha reflexión, simplemente ¿non houbese sido mellor esperar a que a ampliación de Pérez Parallé (a Avenida do Repolo) estivese totalmente urbanizada para tomar a decisión de demoler o vello, se e que tanta necesidade de suelo tiñamos?. Así polo menos teríamos tempo de ver si era necesaria esa machada.
Nestas condicións, eu quero ser subdesenvolvido coma Portugal.

Estas son algunhas fotos que saquei por aló


Comentarios

  1. ¡Ola, "Fausti"!. ¿Non che caerían unhas chaves en Bragança, verdade?.

    ResponderEliminar
  2. Logo, que queres ir por elas ou qué?

    ResponderEliminar
  3. Ja, ja. ¡Qué va, meu!. E que atopei un chaveiro personalizado, coa túa fotografía, no chan dun aparcadoiro.
    Pero poderiamos facer coma que imos por el e, de paso, botamos unhas xornadas festivas por alí convidando aos demáis compañeir@s do foro.
    ¿Qué che parece o plan de "fuxida"?.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa