As rapazas de ouro

Hoxe, cando tanto se fala das inversións que dunha vez parece que se van a facer no barrio con motivo do Urban, como o da pretendida construcción dun centro de día preto do Parque Raiña Sofía, pareceume unha boa ocasión para lembrar a laboura, pouco recoñecida, das nosas rapazas de ouro no local parroquial de maiores da rúa Alonso López.
Algunhas delas xa non están no mundo físico, no das dores de xeonllos e de cervicais, máis a súa entrega e bo humor sobrepasa toda dimensión espacio-temporal, manténdose viva dunha para outra como fan as fichas de dominó neses espectáculos televisivos que tanto lle gustan aos ianquis.
Colola, Merceditas e Juana en primeiro plano, Reme, Fina Chao e Patro por detrás, demostrando o que non me canso de dicir, que os de Canido levamos a festa posta e que non necesitamos os cartos de ninguén para pasalo ben. Aí as temos nunha de tantas actuacións no seu Broadway particular ante un público totalmente entregado que nese momento se esquencía das pastillas para a tensión e do reuma.
Gracias a elas nunca nos quedabamos sen festas. Cando non había perras gordas estaba o "footing de la amistad" ou os tenderetes feitos a machado no Cruceiro. Lémbrome especialmente de dous. Nun deles puña aquelo de "Solo para Hombres" e noutro "Solo para Mujeres". Cando entrabas, previo pago por suposto, tiñas que manter o segredo daqueles misteriosos obxetos atopabas no interior: un pico e unha pala ou unha fregona segundo sexo que che correspondera. Non teño que dicir que as colas para entrar eran enormes pero o segredo se mantiña.
En fin, hoxe vai por elas, polas nosas rapazas de ouro, das que moito temos que aprender.
Estou seguro que en canto escoiten unha gaita xa nos podemos separar que a pista é toda para elas.

Comentarios

  1. Son as Nais do Barrio. ¡Arrasaron, arrasan e seguirán a arrasar!.

    ¡BICAZOS PARA TODAS, AS QUE ESTÁN E AS QUE XA NON ESTÁN!.

    ¡¡¡GUAPAS!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario