Festas de Canido

Esperemos que non se cumplan os malos agoiros que nos chegan sobre as dificultades que están tendo os impulsores da recuperación das festas de Canido, Eduardo e Antón.
Parece que as axudas do concello xa chegan para pagar as pipas e os chupachús para media ducia de rapaces. Algo é algo, igual dentro de nada xa lles podemos comprar un "burmarflash" de limón.

Estamos en crise, que lle imos facer. Nos quitan o parque biocaralletas a última hora, e parece que queren facer o mesmo coas festas.
Pero a mal tempo boa cara, como a que teñen os cativos desta foto. Vexo bastantes caras coñecidas, por certo.
Eran tempos de festas nas que o traballo dos veciños era máis importante que os cartos. Tempos nos que catro telas e cinco paos, misturados com imaxinación, daban máis de si que os cartos que pretende aportar o Concello de Ferrol, tan miserable como sempre.
Tempos nos que o/a noso/a amigo/a EPTL participaba activamente e agora é una fonte interminable de documentos gráficos como o que vos ofrezo, que ademáis de servir para enriquecer o noso blog canidiense, permiten rememorar aquela época e tomala como punto de referencia para a que nos toca vivir.
En fin, señores e señoras concelleiros/as de Ferrol faganme un favor: Collan un diccionario pola letra V e busquen unha verba que parecen descoñecer "VERGOÑA".
E despois, por suposto, solten a pasta.
Foto:EPTL

Comentarios

  1. Parabéns por iste artigo de carácter difundador e reclamador, Faustino V.
    A miña "indignación" (por significalo dun xeito moi doce) froito do impacto recibido onte ao ler o comunicado de Edu provocoume tal decepción, desesperanza e xenreira que os dedos non me permitían ir cara as letras adecuadas no teclado para redactalo nun estilo semellante. De feito aínda non cambiou o meu estado de ánimo, nin penso que o fará.
    O dito, compañeiro. !Apertas!.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017