Coa cabeza fría

Este non é un blog de política, máis eso non quita que de vez en cando tratemos o tema con un pouco de "mala leche".Porque os políticos para eso están, para darlles caña. Vai no soldo, como o coche oficial, a secretaria e os pelotaris. Tampouco ven a conto falar dunhas eleccións que aparentemente non nos afectan moito, pero se non o saco de encima estoupo.

Eu non son un analista político, nin o pretendo, pero non por nada, porque os políticos non merecen que eu perda o tempo facendo análisis de ninguhna clase, sobre todo cando van sair todos co colesterol e os triglicéridos ben altos.

O caso é que aínda hoxe non son quen de ver como se pode devolver un goberno á dereita con esta facilidade, con esta irresponsabilidade, tendo en conta as que levaban feito Fraga e os seus acólitos. Eu creo que con ir aos despachos tódolos días a xogar ao parchís xa chegaba para gañar outros catro anos, pero non, tiñan que ir en barco con un millonario. Gústalles vivir ben e ao carallo!.

É incrible, máis eu creo que teño a resposta: Touriño e Quintana votan ao PP, estou convencido. Eu ate penso que son fillos segredos de Baltar e de Cacharro.

Se non é así é que son parvos. Non hai outra.

Comentarios