O Campo dos Peludos

Levaba tempo querendo falar do Campo dos Peludos pero non atopaba nin o momento nin as ganas. Sonche un vago, que lle vou facer.

Pero aproveitando que estou disfrutando dunhas merecidísimas minivacacións (toque de humildade que non falte) pegueime un percorrido fotográfico polo barrio para actualizar o arquivo que tedes á dereita do blog. Son fotos de mala calidade, pero que serven de recordatorio para os veciños que viven fora.

Nunha desas voltas pasei polo que queda do Campo dos Peludos. Digo o que queda porque o temporal fixo estragos nel, derribando ás súas árbores como auténtico castelo de naipes.

O Campo dos Peludos atópase fronte do Parque Raiña Sofía, e supoño que recibe o seu nome, pola súa pertenza ao exército de mar, cuxos membros eran coñecidos en tempos por "peludos", debido ás melenas que exhibían debaixo dos lepantos.

O campo está composto de dúas plataformas: unha superior, onde xogábamos ao fútbol, ao escondite a quedas ou o que cadrara, por ter o chan de herba, mentres que na plataforma inferior, maioritariamente de silveiras, facíamos as cabanas.

Nos Peludos tiñamos auténticas loitas territoriais cos invasores de outros lares que ousaban adentrarse na súa xeografía, incluídos os fillos dos supostos propietarios.

Nel tiñamos froita fresca, moras, e algunha que outra gasosa dos camións de reparto que ían ao bar do parque Raiña "Sinforosa", polo que case que esquencíamosnos da merenda ate que se escoitaba o berro dalgunha nai, "fulaaaaaanooooooooooooooo!!!", que nos recordaba a hora de volta a casa.

Nunha ocasión fomos unha delegación de cativos do barrio a pedirlle ao alcalde Xaime Quintanilla que fixera algo no campo para os máis novos, algo así como unhas instalacións para patinetes. Díxonos que faría o que puidese.

Aínda que pouco se podía facer coa mariña daquela (e a de agora tampouco) ás dúas semanas vimos chegar ilusionados unha morea de máquinas ao lugar, que empezaba a explanar e dixemos, Bingo!!!, xa temos parque para xogar. Qué eficiencia!, pedazo alcalde, toreeeero, toreeero!. Era o noso heroe!. Xa nos viamos loitando polo campionato do mundo de Skate: clap, clap, alehop, fiummmm, chasssss, oleeeee. Dúas semanas e listo, flipante!!.

Ese día empezaron a construír edificios de vivendas no noso campo, o pecharon e nunca máis nos deixaron xogar nel.

Hoxe sigue pechado e sen nenos.

Dende aquela teño esta fe cega na clase política que me caracteriza, e que expreso constantemente neste voso blog.

Comentarios

  1. Joer, que recuerdos, cuantas horas,días,años, nos tenemos tirado en esa finca, cuando nosotros parabamos ahí, aún había una dotación de peludos, despues lo dejaron abandonado y ahí fué cuando tomamos posesión nosotros de toda la finca y la casa, imaginate, toda una finca con su casa para nosotros, los niños pobres del Barrio, eso si que era calidad de vida y todo ello sin pagar alquiler, ni contribución ni na de naaa.
    Aparte de todas las cabañas, fiestas y demás, lo que recuerdo, como si aún fuese ayer, era el sabor de los perucos, que ricos estaban por Dios.
    Creo que debemos de estar a día de hoy muy sanos, por toda la fruta que hemos comido en aquellos años.
    Sientolo mucho amigo mío por no haber conseguido la pista que pedíais, pero bueno, la verdad que algo se podría hacer en lo que queda de finca, es una pena tenerla abandonada.
    Un amigo desde la Luna

    ResponderEliminar
  2. MECAGUENLAPUTADOROS !!!!!!!!!!!!

    Yo fuí contigo a ver a Quintanilla, joder !!!!!!!!!!!!!!!

    ¿Y tu de quien eres?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario