
Ambos deixarán fonda pegada en todos nós. Do primeiro, de Pedro, botarei de menos as súas sempre frescas noticias sobre o Racing de Ferrol e a súa conversa surrealista pero fiel. Non estou triste, creo que chegoulle a auténtica felicidade, a que non tivo a sorte de atopar neste puto mundo.
De Gerardo coñecín a súa figura paseando polo barrio xunto ao seu can, máis non o tratei moito persoalmente. Sabía del porque é desa xeración que fixo o mundo, ese que estamos disfrutando todos nós coa idea de que apareceu da nada, como os fungos e os cogumelos. Máis non é así, fixeron falta precursores como Gerardo que con iniciativas innovadoras permitiron multiplicar unha oferta de actividades deportivas de ocio que en tempos non pasaba do fútbol e as pedradas a campo aberto.
Polos dous vai hoxe este blog, e polas súas familias.
Xa vos anticipo que acabo recibir novas do máis alá que me din que a festa vai en aumento. Hai un momento acercouse Robertito "El Rubio" a Pedro para pedirlle disculpas pola súa mala cabeza e fixeron as paces. Agora están botando unhas cantadas todos xuntos mentres Merceditas baila como nunca antes fixera.
Comentarios
Publicar un comentario