Alfredo

Alfredo Herrera se chamaba, máis por Alfredo a secas o coñecíamos todos.

Cando era un neno, seu pai, levouno a un campo de refuxiados en Túnez, dende onde pasou a Francia, adquirindo o estatus de refuxiado político que o aismilaba a tódolos efectos a un cidadán daquel pais. Boa acollida lle deron sempre aos militantes de esquerdas os nosos veciños durante o franquismo.

O seu fogar Paris, xa sabedes: o "Quartier Latin", o Maio do 68, toda a efervescencia cultural e política brotando polas esquinas.

Alí traballou como torneiro ao xeito Alfredo, como "bon vivant", aforrando durante un ano para vivir de rentas os seis meses seguintes, e despóis volta a empezar.

Era militante da CNT e non sei por qué motivo relacionado cunha protesta contra os americanos, planexaron o secuestro dun ianqui (calquera valía) na corte do xeneralísimo, chegando a Madrid para facer a falcatrúa. Como a poli non é tonta, e os chivatos ainos por todos lados, foi trincado todo o comando dando cos seus osos no cagarrón. A el por pringao menor e por non levar armas, caéronlle somentes sete meses en Carabanchel (supoño), máis a peor condea foi a perda do seu estatuto de refuxiado, e o cumprimento duhna cadea perpetua nun cárcere chamado, por grisáceo, España.

Adeus efervescencia, maio do 68, Quartier Latin e todo eso. Eiquí lle esperaba cos brazos abertos Paco Martínez Soria.

Eso volveuno tolo. Pero tolo, tolo.

Aínda que intentou a volta clandestina en varias ocasións, sempre remataban no mesmo sitio, na España do medallas.

O tratamento a base de Decentán e Artane inxestado anarquicamente, levábao en ocasións a ter períodos de delirio nos que se enfrontaba combates dialécticos co Marqués de Amboage ou lle facía un seguimento policial ás perruquerías nas que, según a súa mente, se movían toneladas de droga.

Tras esas etapas nas que era internado en Conxo, recuperaba a lucidez recordando perfectamente e con certa coña esos momentos de absurda realidade.

A súa imaxe de Humphrey Bogart, con gabardina e cigarro perennes, era unha característica Alfrediana. A súa habilidade para beber os cafés alleos no "Neuilly" tamén.
Unha bronquite crónica evolucionada a cáncer de pulmón levouno para o outro barrio.
Nos últimos tiempos o seu irmán residente en Francia o quixo levar, pero xa era tarde.

Canido era moito para cambialo por esos ridículos Champs Elysees

Comentarios

  1. No,no. De eso nada. El país vecino ( el de la liberté fraternité egalité, no Portugal )le dió una muy triste acogida a los refugiados españoles que cruzaron los Pirineos huyendo de las tropas de Franco. Fueron confinados en campos de concentración en condiciones penosísimas que quedan pendientes de una severa revisión histórica. Sin apenas comida ni ropa de abrigo ni atención sanitaria, forzados a trabajar incluso en los desiertos de Túnez y Argelia murieron a millares. Otros salvaron el pellejo incorporándose a la legión extranjera o a las tropas del sublevado Leclerc contra el régimen pro-nazi de Petain y muchos regresaron a la España de Franco asqueados por el trato de las democracias Europeas.

    Bueno, esto era poco importante, hago extensivo mi Requiescat por el pobre "Anacleto" tal como lo rebautizamos los enanos cabroncetes de hace mil años.

    ResponderEliminar
  2. Non foi tan negro como o pintas,como todo tivo etapas, pero en xeral foi boa. A proba é o propio Alfredo, que vivía como un Pepe.

    A maioría non quería voltar, como é lóxico, a unha dictadura na que a súa vida tiña pouco valor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario