O caso de Victor Aneiros non se diferencia moito do de outros mestres de músicas non masiva (que non minoritarias), e é que teñen un grao de recoñecemento alto nos círculos especializados, máis non chegan ao conxunto da cidadanía.
Víctor Aneiros, como ben sabedes é de Canido, e na última aparición que eu lle coñezo na prensa local elixiu o Cruceiro para realizar a entrevista. Eso honrao a el e honra ao barrio coa súa presencia, pois a pesar de ser unha das figuras máis relevantes do panorama musical español non esquence as súas orixes no nº 4 da rúa de Insua, onde viviu a súa primeira infancia.
Os seus comezos foron en Alkitrán ou Blancanieves, pasando por Forcadas Blues Band ou Blues Notes, e agora ten no mercado un disco de Blues en Galego fantástico onde ponlle música a versos de Amado Carballo ou Ramiro Fonte.
Non teño máis que dicirte que pases pola tenda a mercalo. Vale a pena.
Tuaingggg tuainnnngggg, pum pum tuainngggg..... (como mola!)
Comentarios
Publicar un comentario