Feliz Cumpreanos!

Hoxe hai un ano, unha idea peregrina levoume a facer un blog sobre o barrio de Canido. Realmente foron dous, un se chamaba (e se chama) Barrio de Canido, e o outro Canido Sostible. Ó final decidinme pola segunda opción, que é a que estades vendo, deixando a primeira un pouco abandonada á espera dunha mellor ocasión.
Cerca de 6000 visitas únicas no que vai do ano (salvo Xaneiro) según Google Analitycs e de 5000 según contadordevisitas.es, non é unha mala cifra. Para min dende logo non.
O outro día decía que de vós depende que esto siga. Creo que a presencia fiel de todos vós ben merece sacar unhas horas ao sono para escribir estas cretinadas coas que de vez en cando vos bombardeo.
Gracias a Serxio, Gallego en la Luna, Abreobare, Josecanido, Maria, Xaime, Antonio Pego, José María, Añoranza, Adela, EPTL, edi fabuloso, chonacas, Martín, Tinaja, Álvaro de la Vega, Antón Varela, Xan das Bolas, Marisol, Rodas, Tristan, pins, Kike, papigil, pimborete, canido1, emmanov, kike64, aldeadecanido, Cruz, Aurora, Galiano, Cangrexeiras, O Canciño, Jorge Cabezas, Emilio Maceiras, Leandro, Viva la República, opa canido, LbF (libertad bajo fianza), Mª Dolores, ankami, e a un tal Anónimo que nos visita moi amiudo.
A todos os que con pegada ou sen ela pasades polo blogue mándovos un saúdo.
Feliz cumpreanos. Que cumpramos moitos máis.
Canido máis sostible cada día.


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

Comentarios

  1. Parabéns moi sinceiros, amig@ Faustino V. Coma canidiense que son é para min un verdadeiro orgullo a existencia do teu Blog, un feito que cumpre un sono común dos que temos conciencia do noso barrio, fachenda del e máis da súa idiosincrasia.
    Moitas grazas polo reflexo do teu pensamento e de tantos feitos e lembranzas que teño a sorte de compartir dada a miña xeración.
    Sempre é un verdadeiro pracer visitalo e ler os teus artigos.
    Existe un dito popular que reza: "cada can que lamba o seu carallo". Pois ben, o "carallo" (valga a metáfora) do noso barrio lambémolo moitos que temos a honra de levalo, dende a nosa crianza e vivencias, no máis profundo da nosa ialma.
    Os de Canido estamos en todos os lugares, algúns dispersos por circunstancias da vida, vivindo a certa distancia, arrincados do lar...pero en todo momento levamos na nosa boca a sempiterna frase, que, aínda de xeito inconsciente, sae dos nosos beizos:

    -¡E QUE SON DE CANIDO!.

    ¡Que cumpras moitísimos máis, veciñ@!.

    ResponderEliminar
  2. Pois agradecido Gilberto. Que che vou a dicir a ti. Algunha historia xunta temos.

    Agora andas polas "Aceas", pero Canido segue sendo a referencia.

    Saúdos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017