
Me gustaría pensar que esta misteriosa desaparición débese ao compromiso adquirido en su día polo Alcalde con este humilde servidor, e do que xa falamos neste blog, de proceder a limparlle todas as pintadas feitas por esos cobardicas fascistuelos, máis non sei por onde me dá que son estes últimos quenes remataron a súa ruín faena.
Pois nada, que espero que sexa a primeira das posibilidades a que realmente sucedera e que neste momento esté un operario eficaz dándolle ao cepillo con destreza, e en caso de non ser así, simplemente agradecer a excelente xestión do Concello de Ferrol, sempre áxil na resposta as peticións cidadanas, igual que xa fixo co parque da Fonte de Insua, que está precioso. A merda, as pintadas, os destrozos varios danlle un toque molón, estilo Barceló. Guay del Paraguay, siseñor.
Moi bien, moi bien, moi bien. Claro, se a pintada aínda fora nunha tabla de surf, igual se podía facer algo, pero neste caso tampouco é para tanto, total uns fusilados máis ou menos...
Comentarios
Publicar un comentario