The tennis "clab"

Canido sempre foi un barrio bastante bipolar. Por un lado estabamos os veciños de toda a vida, vivindo nas casa de toda a vida, xente traballadora e fillos de traballadores. Por outro lado tiñamos un "Beverligils" no que vivían (e viven) unha chea de millonarios, descoñecidos para a maioría de nós, encerrados nos seus bunkers dourados, botando peidos con olor a Channel nº 5.
Esa é a casa de Fefé a muller de Cocó, filla de Cuscús e neta de Loló, dos de Filiuza, os que tiñan a fábrica de cordones de zapato. Xa sabes, non?. En fin, nin puta idea. Por moito que me contaran, eu, nin puta idea. Os que vivían nesas casa de muros altos eran, para resumir, unha panda de pijos. Pero pijos, dos de verdade. Pijos pata negra.
Nese mundo bipolar, atópase o Tennis Club. O Tenis Clab, mellor dito. Coa boca aberta, pegando os labios e separándoos cun soplo forte de aire, "clab". Como clap, pero con b. Que se note que a profesora nativa fixo o seu traballo.
Como sabedes, ese "clab" é de toda a vida de Canido, nembargantes, creo que aínda hoxe non o sabe. Os seus socios estou seguro que tampouco.
O certo é que nós, os do barrio, tampouco o asociamos con Canido. Máis ben nos parece como un Gibraltar, tomado polos ferroláns máis rancios. Así de cruel, pero así de realista.
Cando era novo íamos sempre alí a xogar a baloncesto. Non había outro sitio pola zona. Pouco mal podíamos facer por tirar un par de triples, pero cando non pasaban máis de quince minutos nos botaban. A pista estaba chea de cativos, pero como quen trata con sabuesos, éramos detectados de inmediato e, ao momento, invitados a abandonar o recinto con amenazas contra o noso físico (uiiiig que medo!!!).
O outro día dixéronme que o Tennis "Clab" estaba de rebaixa. Por catro perras gordas te podías facer socio. Tempos de crise pensei eu. Os pijos non teñen como manter as instalacións e necesitan do proletariado para manter o seu estatus superguay.
Que lles den porculo. Gracias a Deus, teño cartos dabondo para facerme socio da merda esa e doutros guetos similares, pero xa é tarde. Por min que pechen todos e que monten concesionarios de patinetes. Que xoguen a tenis nunha leira chea de bosta de vaca.
Con eses cartos teño para unhas cantas ONGs. Pero, por suposto, nin un peso para "Pijos sen fronteiras".

Comentarios

  1. Esqueces engadir a brutal desconsideración desa panda de pijos cara o resto da poboación cando provocan un caos de tráfico na zona ao aparcar os seus Audis en doble fila, enriba da aceira, nas curvas, etc, sen que a policía local lles meta unha miserable multa.
    Se son tan exclusivos e non lles gusta acatar as normas de tráfico que se constrúan un puto parking privado e deixen ao resto dos cidadáns circular con seguridade.

    ResponderEliminar
  2. Opa Xaime, canto tempo!!

    Vexo que lles tes tanto aprecio coma min.

    Qué decir cando van a recoller ao seus fillos ás Discípulas. Dan ganas de ter un trailer...

    ResponderEliminar
  3. Ja ja ja impresionante post meu amigo, eu quería xogar ao tenis e mira que me queda cerca da casa pero opino = ca ti, a os beberligilianos nin un peso, bicos

    ResponderEliminar
  4. que razón tes!! era estar alí 5 minutos e xa vían correndo a botarte os propios rapaces!! escupitajos, pedras,... era a pelexa diaria!!
    que tempos!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017