
Estou neste momento absolutamente abraiado. Nunca xamais algo me fixera tanta ilusión como o que están neste momento disfrutando os meus ollos. O mellor agasallo que recibín na miña vida coa mensaxe máis emocionante. O agasallo e a mensaxe, nin máis nin menos, que dun mestre, ou quizais debería escribir MESTRE, con maiúsculas, que é como merece que se escriba.
Nunca fun moi pelota (ou iso creo), e iso sempre provocaba en min unhas reaccións rarísimas cos mestres que me caían ben, precisamente para evitar que se me acusase dese defecto que tanto repudiaba nos outros compañeiros. Pero agora, pola contra, coa tranquilidade que da o tempo, si que podo falar ben dos que o merecen, e non perdo a ocasión de facelo neste blog. Manter na memoria á xente que influíu positivamente nun é algo que me parece fundamental.
Para o que non estou acostumado é que isto suceda ao contrario, como hoxe. O fodido é que me faltan palabras para expresalo como é debido (non demostro moito o aprendido), máis a risco de meter a pata, teño que agradecerlle un xesto que eu non merezo.
Non teño o teu contacto e non se me ocorre outro medio que este para facerte chegar esta mensaxe:
Gracias de parte deste pai que subscribe e do seu fillo. Gracias por manternos na memoria Don Antonio.
¡Opa, Don Antonio!.
ResponderEliminar