
Nin "Geyperman" nin "Pulgarcito" evitaban que fixeramos cafradas polo medio dos eucaliptos monumentais ou perseguíramos ate a extenuación aos pobres pavos reais.
Eses pobre árboles viron transcurrir a historia recente por medio de mítines, actuacións de Gorgorito e Chacolín, cen mil concertos de todos tipos, sardiñadas e festas do un de maio, en definitiva, toda sorte de aglomeracións humanas sen que endexamáis lle causasen o máis mínimo dano a ninguén.
Hai poucos anos sufriron o primeiro ataque por ese enxendro de parque de auga que non sei a quen se lle ocurriu meter aí estando como estamos escasísimos de espacios verdes na cidade. Noutro lado sería unha idea xenial, máis nese lugar é un despropósito.
Non é que sexa defensor dos eucaliptos, nin moito menos, como sustitutos do bosque autóctono son plaga, máis como árbol decorativo nun xardín botánico non me desagradan.
Por suposto non entro a valorar as razóns que levan aos técnicos a firmar a súa sentenza de morte, eu igual faría o mesmo para non collerme as mans en caso de un hipotético accidente, pero o certo é que como eu non firmo nada me jode bastante que os poden polos pés e o digo abertamente. A min me parece unha memez.
Pero como esto xa non ten remedio -hoxe estaban as grúas traballando a tope- polo menos esperemos que recuperen a parte de arriba do parque como xardín botánico polo que pasear e morrear coas nosas parellas mentres os cativos, entre os mirtos, se escojonan de risa e nos tiran pedras.
Como toda a vida.
Comentarios
Publicar un comentario