¡Mihel non está!

Conta a lenda, que hai moitos, pero moitos anos, un grupo de mozos de Canido que manipulaban de xeito bastante inconsciente unha bengala que se atoparon nun barco , fixeron que explotara.
O que se podía haber convertido nun drama que hoxe sería recordado cunha necrolóxica, transformouse no cachondeo padre pasados os anos.
O certo é que algúns dos presentes naquel momento recordan unha deflagración, moita luz e despois unha onda expansiva que os mandou a todos a tomar polo cu.
Ó volver en si e tocarse para ver que seguían neste mundo, moitos deles déronse conta que o corpo estaba enteiro, pero da roupa e do pelo quedaba pouco. Tal foi así, que para voltar a casa máis de un tivo que usar os pantalóns, vinte tallas máis grandes, do pai dalgún amigo, evitando andar en pelotas polas corredoiras de Canido.
Miguel "Fontanero", xa falecido por outras causas, volveu a casa e petou na porta. Cando a súa nai abriu dixo "Mihel non está, foi con Valentín a coller chocos", ao que éste contestou cunha mezcla de sorpresa e choro "Mamaie, Miguel son eu!".
A reacción da súa nai ao ver ao nazareno que chamaba á súa porta é dificilmente imaxinable, a dos seus colegas cando a oiron aínda é recordada hoxe en día.

Comentarios