Estreamos foro


Despóis de pelexarme cos microchips, o silicio e o java ese do carallo, conseguín crear un foro para este blogue. Unha tarefa que para un cativo de dez ou doce anos lle levaría cinco minutos a min levoume catro horas. En fin, que conseguín crear un foro de debate ad hoc.
As estadísticas de este sitio me indican que os usuarios medran exponencialmente, aínda tampoco hay que empezar a botar fojetes. O día de onte trouxo polo blogue o maior número de visitantes reais dende que empecei a contabilizalos, hai pouco máis de mes e medio. Estamos a falar de preto de trinta persoas. Eso para mín é un éxito, aínda que para calquer outro pódelle parecer unha merda. Como non podo sortear un Lexus entre os visitantes, quero agradecerlle a todos os que se toman a molestia de pasar por eiquí coa creación dun foro de debate. A idea é ben pouco orixinal, pero tampouco me podedes pedir moito, pensade que me deben quedar tres ou catro neuronas en pé, e están currando a fume de carozo. Sei que de momento solo entrarei eu e algún familiar que outro, pero pouco a pouco tomará forma, estou seguro.
Así que, o meu agradecemento polas vosas visitas, espero que me enviedes material que meter no blogue, xa sabedes que pago ben, e sobre todo espero que os contidos sexan do voso agrado. Se non, podedes visitar a páxina da FAES, seguro que aí atoparedes o que buscades.
Un saúdo e que os vosos fillos e fillas sexan xenerosos con todos vós.
Se non tedes fillos, podedes aproveitar a noite para facer un par deles.

Comentarios