Un saúdo dende Canido


Bos días ou noites ou tardes ou... que sei eu!, o que che veña mellor segundo a hora do día en que leas isto (se que o le alguén). Son algo así como o curmán de Rajoy pero pero en cabrón. Si, outro, de Canido. De min asegúroche que non falará nunca, pois a miña mensaxe non lle deixará lugar a dúbidas ¡HAI QUE SALVAR O PLANETA ATONTAO!. Eu, a diferenza do meu curmán, penso que se nos empeza a caer a casa enriba de non coidala. Eu teño a sorte de vivir no mellor barrio do mundo, e xa que polo planeta puco poido facer, vouno a facer por Canido. Como introdución chegou, agora toca empeza-lo traballo de denunciar toda-las agresións que poñan en perigo a sostibilidade do barrio (que non son poucas). Se isto segue por este camiño, penso que non tardará moito en desaparecer o substrato que tanto tempo custou de formar. Temos que impedir que desaparezan os nosos costumes: Os maios, o Toldo, o Albergue de Esmelle, as rúas estreitas, as leiras, as casas baixas, o Cruceiro, a Tafona e o seu Cristo (o que EXPOLIOU hai uns anos un delincuente de luva branca), as conversas tranquilas nas tascas, os cantos a gorxa tendida de tenores aclaretados. Todo iso vai desaparecer para dar paso a un barrio sen personalidade, de urbanización de Poceiro, unha merda en definitiva. Para ilustración do que pode ser o barrio póñovos este preciosa foto do cruceiro engalanado coas mans de xente do barrio que non se resigna a vivir nun barrio como calquera, se non que quere vivir en CANIDO

Comentarios