Pola peonalización da rúa Alonso López

Poucas zonas de Canido teñen tanta soleira coma o eixo formado entre o Cruceiro e A Tafona. Posiblemente nel transcurriron algúns dos episodios máis importantes da historia do barrio e, sen lugar a dúbidas, se atopan dous dos seus máis importantes iconos: O Cruceiro e o Cristo da Tafona. Ambos monumentos se atopan en dúas prazas humildes pero de fonda tradición para os habitantes de Canido. As berbenas máis sonoras e as luadas máis alegres, que levantaron as ialmas dos veciños coa chegada do un de Maio, se celebraron neses entornos.
O Toldo, exemplo de solierariedade entre os veciños, que aportando auténticos manxares de elaboración propia deron unha luz de esperanza a os máis necesitados, naceu vinculado á Tafona e dela nunca debeu desaparecer. Os Maios, a primeira capela onde Gabriel Vázquez Seijas e Alfonso Gil, auténticos apóstoles do mundo obreiro, sementaron os espíritos de moitos de nós loitando contra a marxinalidade á que nos tiñan condeados os que agora nos queren botar do barrio, tiñan a súa sede nestas rúas. O local dos nov@s de máis idade, o primeiro clube de fútbol federado, un ximnasio en cooperativa, o local de encontro de grupos de xoves, a guardeiría "Os Picariños", a tenda-bar do Clavel (a tradición galega de este tipo de locais non está suficientemente reivindicada), todo eso e moito máis tiveron e teñen lugar no eixo Cruceiro -Tafona. Se algún lugar ten dereito a ser protexido dentro do barrio ese é a Rúa Alonso López flanqueada por esas dúas prazas.
Nembargantes a realidade é absolutamente desoladora. O grao de conservación das construcións é deplorable,as prazas están invadidas por un tráfico moi superior a o que sería lóxico a dicir da estreitez dos pasos, pensados para homes e carros pero non para fábricas de CO2.
Canido está falto de lugares de tránsito tranquilo, de desfrute do espacio urbano. Temos moito descampado pero pouco campo, moita propiedade privada e pouco espacio público e o pouco que hai desaparecerá para dar paso a urbanizacións onde xenios da arquitectura, no seu afán permanente de descubrir a pólvora nesto do ladrillo, regarán de cemento e mobiliario urbano. Penso que é hora de loitar pola protección deste símbolo do barrio para evitar que desapareza, e con él a nosa principal seña de identidade. Imaxinade por un momento unha zoa peonil que incluíse as Prazas da Tafona e o Cruceiro, a rúa Alonso López e parte da rúa de Insua, onde as edificacións tivesen que se facer mantendo fachadas de casas tradicionáis, recuperando os xardíns traseiros. Estou seguro que sería unha forma sostible para dinamizar o barrio, sen necesidade de refundalo. Non estou en contra de que se urbanicen os espazos, pero non de calquer xeito. Todo o mundo entende que un edificio novo na rúa Real non pode ser igual que un na Avenida de Esteiro. Do mesmo xeito un en Canido non pode ser igual que outro que se faga nos Rosales, na Coruña, ou na M30 en Madrid. Teño auténtica confianza en Ágel Mato, concelleiro de Urbanismo e veciño do Barrio. Nas súas máns ten un reto precioso. Adminístrao intelixentemente, coma tí eres. Non permitas máis chapuzas, este pode ser un bó lugar onde vivir.

Comentarios