domingo, 25 de noviembre de 2007

Pola peonalización da rúa Alonso López

Poucas zonas de Canido teñen tanta soleira coma o eixo formado entre o Cruceiro e A Tafona. Posiblemente nel transcurriron algúns dos episodios máis importantes da historia do barrio e, sen lugar a dúbidas, se atopan dous dos seus máis importantes iconos: O Cruceiro e o Cristo da Tafona. Ambos monumentos se atopan en dúas prazas humildes pero de fonda tradición para os habitantes de Canido. As berbenas máis sonoras e as luadas máis alegres, que levantaron as ialmas dos veciños coa chegada do un de Maio, se celebraron neses entornos.
O Toldo, exemplo de solierariedade entre os veciños, que aportando auténticos manxares de elaboración propia deron unha luz de esperanza a os máis necesitados, naceu vinculado á Tafona e dela nunca debeu desaparecer. Os Maios, a primeira capela onde Gabriel Vázquez Seijas e Alfonso Gil, auténticos apóstoles do mundo obreiro, sementaron os espíritos de moitos de nós loitando contra a marxinalidade á que nos tiñan condeados os que agora nos queren botar do barrio, tiñan a súa sede nestas rúas. O local dos nov@s de máis idade, o primeiro clube de fútbol federado, un ximnasio en cooperativa, o local de encontro de grupos de xoves, a guardeiría "Os Picariños", a tenda-bar do Clavel (a tradición galega de este tipo de locais non está suficientemente reivindicada), todo eso e moito máis tiveron e teñen lugar no eixo Cruceiro -Tafona. Se algún lugar ten dereito a ser protexido dentro do barrio ese é a Rúa Alonso López flanqueada por esas dúas prazas.
Nembargantes a realidade é absolutamente desoladora. O grao de conservación das construcións é deplorable,as prazas están invadidas por un tráfico moi superior a o que sería lóxico a dicir da estreitez dos pasos, pensados para homes e carros pero non para fábricas de CO2.
Canido está falto de lugares de tránsito tranquilo, de desfrute do espacio urbano. Temos moito descampado pero pouco campo, moita propiedade privada e pouco espacio público e o pouco que hai desaparecerá para dar paso a urbanizacións onde xenios da arquitectura, no seu afán permanente de descubrir a pólvora nesto do ladrillo, regarán de cemento e mobiliario urbano. Penso que é hora de loitar pola protección deste símbolo do barrio para evitar que desapareza, e con él a nosa principal seña de identidade. Imaxinade por un momento unha zoa peonil que incluíse as Prazas da Tafona e o Cruceiro, a rúa Alonso López e parte da rúa de Insua, onde as edificacións tivesen que se facer mantendo fachadas de casas tradicionáis, recuperando os xardíns traseiros. Estou seguro que sería unha forma sostible para dinamizar o barrio, sen necesidade de refundalo. Non estou en contra de que se urbanicen os espazos, pero non de calquer xeito. Todo o mundo entende que un edificio novo na rúa Real non pode ser igual que un na Avenida de Esteiro. Do mesmo xeito un en Canido non pode ser igual que outro que se faga nos Rosales, na Coruña, ou na M30 en Madrid. Teño auténtica confianza en Ágel Mato, concelleiro de Urbanismo e veciño do Barrio. Nas súas máns ten un reto precioso. Adminístrao intelixentemente, coma tí eres. Non permitas máis chapuzas, este pode ser un bó lugar onde vivir.

martes, 20 de noviembre de 2007

Un saúdo dende Canido


Bos días ou noites ou tardes ou... que sei eu!, o que che veña mellor segundo a hora do día en que leas isto (se que o le alguén). Son algo así como o curmán de Rajoy pero pero en cabrón. Si, outro, de Canido. De min asegúroche que non falará nunca, pois a miña mensaxe non lle deixará lugar a dúbidas ¡HAI QUE SALVAR O PLANETA ATONTAO!. Eu, a diferenza do meu curmán, penso que se nos empeza a caer a casa enriba de non coidala. Eu teño a sorte de vivir no mellor barrio do mundo, e xa que polo planeta puco poido facer, vouno a facer por Canido. Como introdución chegou, agora toca empeza-lo traballo de denunciar toda-las agresións que poñan en perigo a sostibilidade do barrio (que non son poucas). Se isto segue por este camiño, penso que non tardará moito en desaparecer o substrato que tanto tempo custou de formar. Temos que impedir que desaparezan os nosos costumes: Os maios, o Toldo, o Albergue de Esmelle, as rúas estreitas, as leiras, as casas baixas, o Cruceiro, a Tafona e o seu Cristo (o que EXPOLIOU hai uns anos un delincuente de luva branca), as conversas tranquilas nas tascas, os cantos a gorxa tendida de tenores aclaretados. Todo iso vai desaparecer para dar paso a un barrio sen personalidade, de urbanización de Poceiro, unha merda en definitiva. Para ilustración do que pode ser o barrio póñovos este preciosa foto do cruceiro engalanado coas mans de xente do barrio que non se resigna a vivir nun barrio como calquera, se non que quere vivir en CANIDO

O noso modelo de barrio

Para quen non coñeza o barrio, dicir simplemente que Canido é un núcleo rural integrado no centro urbano da cidade de Ferrol, así de sinxelo, como pode ser San Pedro de Visma na Coruña.

A tendencia actual do urbanismo, mal chamado "moderno", consiste en concibir estes espazos como núcleos a extinguir por absorción da trama urbana. Digo o de "mal chamado", porque noutras lares, con sociedades moito máis avanzadas que a nosa (si moito máis avanzadas, porque non o dubides, hai máis alén dos nosos narices) as actuacións sobre estes núcleos son de tipo conservacionista. Voume a explicar. Cando era un pequeno, eu, do mesmo xeito que todos os colegas do barrio, pasabamos unha chea de horas xogando polas corredoiras do barrio. A nosa vida era unha mestura de críos urbanitas, metidos en pisos e xogando na rúa, e críos de aldea, a dous pasos de casas baixas con horta e galiñas. Roubabamos froita, delito xa prescrito, e nos apedreábamos acotío. A xente vivía con moi pouco (xa falaremos do cura, Don Gabriel, un fenómeno) pero polo menos tiña un anaco de terra na que traballar. A arquitectura tradicional poida que non sexa a de Taramundi, para que nos imos a enganar, pero ten un interese fóra de toda dúbida. Para ilustrar o meu modelo de barrio vouvos a pór un exemplo. A algúns vos soará Aalborg (onde o da carta polas cidades sostibles). Non fai moito tempo tiven a sorte de viaxar por motivos de traballo. Alí atopeime cunha cidade de tamaño medio na que o vehículo privado é unha excepción e a bicicleta é a raíña, e onde o concepto de sur divertido e norte aburrido caeu abaixo. Sen querer mitificar un lugar que supoño que terá os seus defectos, só quero indicar unha cousa: os barrios obreiros de casa baixas, sen peches de seguridade, con xardíns impecables e con arquitecturas humildes pero de extrema beleza, estaban impecablemente coidados e protexidos da especulación urbanística (tardei tres días en atopar un guindastre). Con iso só quero dicir, que a xente con menos recursos tiña a oportunidade de gozar dun espazo inténsamente belo, ao contrario que aquí, onde somos expulsados inexorablemente polo empuxe dos ricos, aos que agora lles apetece vivir (a todo tren) onde antes non querían nin entrar, e aos de aquí tócanos buscar unha vivenda social en Pernambuco. Por que non copiamos o bo doutros países e non só os McDonals.

Con ánimo de ofender

Canido ben se merece un blog. Este, o que vos ofrezo como marco para o encontro, pretende devolver a dignidade a un barrio azoutado polos especuladores, destrozamemorias e desalmados varios, que pretenden transformar un barrio tranquilo na terra de Jesús Gil. Tamén me gustaría homenaxear modestamente a tantos veciños que traballaron dura, pero desinteresadamente, por crear un bo sitio para vivir. O cura Gabriel, Quinin e Finuca, Leira e Patro, Colola e Modesto, Correa, Merceditas, Anxo Brea e moitos outros dos que iremos contando as súas vidas sen o seu permiso pero co maior dos respectos e admiración. Que me dicides do albergue de Esmelle?. marcou as nosas vidas. Creo que nos merecemos que se reconduza o noso barrio como exemplo de sustentabilidade (social, económica e medioambiental). Faremos propostas que seguramente caerán en saco roto, pero a máis dun sacarémoslle as cores. Á vosa disposición. Faustino V na terra do clarete.

Forges

Esperando Contenido Widget ...