Festas de Santa Cruz 2017

Ningún momento millor que as festas de Canido para retomar o noso blogue de barrio. Este ano con nova e ilusionada directiva na AVV.
Como sempre no cumio o Toldo, que voltará para lembrarnos que a saída da crise somentes está na imaxinación dos incautos e por eso este barrio de xente solidaria estará aí para botar unha man a quen máis o necesita.
E como cada ano un apunte sobre os que rebautizaron unha tradición: estamos en tempos de maios pero da Santa Cruz de maio, a nosa patrona. Espero que o próximo ano voltemos ás orixes, e se a alguén lle da alerxia o tema da Cruz, que vaia a mirarse ao médico. É de jratís.

Apertas



Comentarios