Canido en maio

Remexendo polo ordenador atopei un texto breve escrito hai tempo dun tirón e que agora recupero para o blogue neste noso mes de maio de patrón:

Canido é unha flor que cando chega o mes de maio nos agasalla cunha gran variedade dos seus mellores pétalos: Pétalos de foliada, de cantigas de taberna e cultura popular, pero tamén vigorosos pétalos de veciñanza solidaria e comprometida que contaxian un profundo sentimento de pertenza a un lugar inigualable.

Por iso desde tempos antigos, coa chegada das nosas festas patronais, as flores toman o protagonismo para encher de cores as nosas rúas, esquinas e prazas, materializando así, en forma de maios, todo aquilo que fomos, somos e seguiremos sendo grazas á xente que coma ti constrúe cada día a nosa identidade de barrio.

A escomezar coa festa.

Comentarios