Pablo "Cuchara"

Canido [15/03/2015] 
Hoxe apareceu morto na súa casa o decano dos nosos bandidos de lenda, Pablo Cuchara, despois de deixar atrás o seu pai, nai e irmán José, que lle precederon no camiño ao alén. 

Un auténtico misterio o do seu aguante. Un físico propio dun campión olímpico, que probou os límites da resistencia non con maratóns seguidos de carreiras a pé e natación, como os ironman, senón con todo tipo de tóxicos, levándoo ate os seus cincuenta e pico anos a unha situación que en condicións normais debería de ter rematado hai décadas. 

A bendita da súa nai padeceu a súa mala cabeza, pero agora seguro que o está a recibir cos brazos abertos, perdoándolle todas as súas loucuras. É curioso, pero o meu irmán sempre dicía que con 18 anos Pablo era o formal do grupo ao que a puta droga transformou nun exemplo moi pouco recomendable para os rapaces, pero con esa auréola de mito ao estilo "El Vaquilla" ou "El Torete".

Adeus Pablo, creo que no teu caso non estarei moi errado se digo que pasas a mellor vida. Estou seguro que si.

Hoxe Canido é un pouco máis pijo.

Comentarios

  1. Inspiró la canción El Cuchara, canción editada en el primer Maxi Single de Limones del Caribe...http://canidosostible.blogspot.com.es/…/…/pablo-cuchara.html

    ResponderEliminar
  2. Si pasa a mejor vida y descansara en paz.. como la familia , su sobrina vanesa y su hijo pablo.

    ResponderEliminar
  3. Pablo seguramente nunca fue consciente del funcionamiento del mundo, siempre fue un poco INGENUO, y se creía las "AVENTURAS" de los "MALOS" y su espíritu de "SUPERACIÓN lo perdió.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario