Qué é a Igrexa?

Canido [06/05/2014]

Voume poñer un pouco meapilas para explicar algunhas cuestións das que se está a falar estos días respecto do uso dos cartos do Toldo, a orixe do Albergue e a súa propiedade, así como esos danos feitos pola "Igrexa" no barrio e no mundo dos que falan algúns.

Empecemos por un concepto básico que habitualmente é mal utilizado, non só por xente que se autodefine como non crente, se non tamén por aqueles que nos consideramos como "practicantes". Estou a falar da Igrexa.

É bastante normal que digamos que a Igrexa fai esto mal, ou esto ben, ou que ten non sei cantos cartos, ou que non queremos dar un peso para ela. Falamos da Igrexa como un ente xurídico, como algo con identidade individual, case persoal, que é mala ou boa, guapa ou fea, rica ou pobre en función dunhas accións concretas ás que cada un de nos, en función da posición na que se atope, é quen de utilizar. 

Un exemplo. Aquel que é enemigo da Igrexa polo posicionamento de determinado sector oficial durante o franquismo, utilizará os desmáns do cura de tal sito porque denunciou ao mestre republicando fulano, por ensinarlle a importancia da liberdade aos cativos. Parece un argumento de peso, e non lle quito razón. 

Fronte a esto, haberá algúns, que dirán que gracias a Cáritas non existe unha explosión social, e que é a única que, ademáis de cubrir as carencias do goberno en materia social, o denuncia cun informe que os ministros "demo-cristianos" quitan credibilidade dun xeito case insultante. Non parece mala tampouco esta afirmación.

O certo é que ambos teñen razón, pero tamén erran, porque a Igrexa é a comunidade de crentes, todos eles humanos, polo que é capaz de acertar e equivocarse como tales. En resume a "Igrexa santa e pecadora", que dirían as nosas nais. O erro está en eso, en identificala con persoas concretas. 

A nivel local, as comunidades de crentes se organizan en parroquias, que teñen a cabeza un sacerdote e, normalmente, un lugar de culto, onde se imparte o sacramento da eucaristía. Para o que non cre, é algo así como unha coreografía absurda realizada por un señor maior, pero para o que considera que Cristo resucitou, é o lugar onde se alimenta a fe, esa que permite que existan persoas, como moitos veciños dos que xa os teño falado moitas veces, que entreguen a súa vida cunha xenerosidade e gratuidade difícil de entender para o que non participa.

Estas comunidades tentan imitar as primeiras comunidades cristianas, das que se fala nos "Feitos dos apóstolos" nas que todo era compartido, e que determinados curas, como Gabriel, levaron ate unhas consecuencias nunca antes vistas, sendo por elo tachados de "rojos e comunistas". 

Neste espíritu comunitario, Grabriel, home adiantado ao seu tempo, iniciou proxectos de cooperativismo para construir vivendas no barrio e un centro de inmersión na natureza en Esmelle. Para elo non podía máis que contar coa comunidade, composta de crentes outros que non o eran, porque Gabriel non facía distinción: todos eran parroquia. Coa súa axuda, física e económica, levantou o que hoxe coñecemos como Albergue de Canido: un proxecto comunitario pioneiro no mundo mundial. Eran cartos e traballo de todos e de ninguén, eran, por tanto, cartos e traballo da parroquia, entendida como comunidade.

Pero como o lexislador non entende de comunidades nin de farrapos de gaitas, e non pode escriturar a nome de todos, se escrituran as cousas a nome do representante legal desa comunidade, que normalmente é o bispado.

Como pasou coas primeiras comunidades, a nosa tamén fracasou, porque a formamos homes imperfectos, e o que é de todos no disfrute non é de ninguén na responsabilidade, e pasa o que pasa, que termina feito unha merda, como o Albergue.

Houbo un tempo que salvo para catro ou cinco persoas, algúns deles vellos amigos deste blog, o Albergue xa non interesaba, esa é a realidade, nos guste máis ou nos guste menos, seguramente porque ese proxecto tampouco foi entendido polos que viñeron despóis. Unha pena.

Pensar en recuperar a propiedade do Albergue para o pobo ou para a Asociación de Veciños, como comentan algúns, é algo así como facer un chamamento a Mendizábal, absurdo. O sensato é comprometerse na responsabilidade da xestión parroquial, algo que implicaría cumplir unha chea de normas en materia de construcción e de uso, que non creo que sexa posible na actual coxuntura, manténdose nesta situación de alegalidade na que persiste dende a súa fundación. ¿Estades seguros de ser capaces de asumir a responsabilidade da súa xestión?. Non respondas agora, faino despóis da publicidade.

En definitiva, o traballo dos nosos pais foi para a comunidade parroquial, e o que realmente hai que recuperar é un espíritu comunitario que hoxe non existe.

Algúns pensades que dar cartos para a parroquia é dalos para que o cura se compre un coche, ou para una casulla bordada en ouro ou para comilonas no Vaticano: é dalos para que moitos veciños poidan vivir con dignidade, ou para que os mozos do noso barrio podan criarse en contacto coa natureza. Esa é a realidade que chama por nós e que non nos interesa, porque sempre buscamos excusas baratas para non dar ou facelo con condicións.

Ésto é o que eu penso.

Ta logo

Comentarios

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Hai que facer unha xuntanza aberta con Quique, "Ajo", Juancar e Nati, Pedro "Melenas", Rosario, Angel Brea e Monse, a irmán de Quico... A currar, Fausti. Dice Serxio Perille que pagas a Churrascada.

    ResponderEliminar
  4. Collo o reto, e o tomo totalmente en serio. Por churrasco non vai ser, que ides estoupar!. Xuntanza aberta, e non tardará moito. Espero non ter que roer eu solo os osos, e ter que dicir aquelo de cobarrrdess pecadoooores de la priadera jarrr!!. Unha aperta!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa