José María

Un día, cando todo parecía parado, sen vida, sen actividade, apareceu polo foro un tipo que dicía vivir en Asturies pero que era Canidiense de pro, máis concretamente dos territorios do Corral do Chapón.

O tipo deuse en chamar José María, aínda que eu creo que era un seudónimo. Realmente se chamaría algo así como Frodincio Pendoncio de la Madonia Enfleutada, pero para simplificar....

O carallo é que en poucos días deixou rexistrada media historia cañí do barrio, con detalles imposibles de recordar polo meu cerebro de chorlito, pero tal como chegou foise.

Aínda hoxe é record de entradas na nosa tertulia virtual pese a levar escapado uns cantos meses.

Esta aparción, pantasma ou como queirades chamarlle sabía máis de Canido que todos xuntos, pero pese a que nos facía disfrutar como enanos coas súas historias, un día, sen ruido, apartou as teclas e cambiounos por Fachebús, ou similar.

Os máis pesimistas pensan o peor, que xa non entra por razóns de forza maior, máis eu creo que se liou con Aitana Sáchez Gijón, que por apelido quédalle a tiro de pedra, e anda de crápula por Cimadevilla.

Veña José María, volta ao rueiro que esto é menos sostible sen as túas historias.

Fdo.

Viñalar

Comentarios