Meninas de Luxe















Finiquitada unha nova edición das Meninas de Canido. Xa hai un ano (¡como pasa o tempo!) que esta iniciativa de Eduardo Hermida nos deixaba a todos con ganas de repetir, con ganas de que esto tivese unha continuidade que hoxe veuse materializada cun repertorio de auténtico luxo.

Non son comparables ambas edicións, porque a primeira sempre é a nai das seguintes. Para un inexperto coma min, o nivel de este ano pareceume excepcional. As meninas curradísimas e dignas de ser expostas nas mellores galerías de arte ou de formar parte da cúpula da Capela Sixtina.

A incomparable e imprescindible gaita de Tonecho Varela, o descubrimento de Rubén Coca como un director de caer de cú. A sensibilidade de Cristina Montero, que deixou á xente coa boca aberta. Al Vila e Roger de Flor que deben estar encantados con Operación Triunfo, vendo como inútiles da música se forran mentres eles, cunha calidade fora de toda dúbidas, teñen que traballar a reo para pagar a hipoteca ou o alquiler. De Alberto Pérez pouco hai que dicir, que tocou en Canido e iso pasará á historia. Cheguei polos pelos a "Todo el largo verano" e tiven que marchar un pouco apresurado por unha chamada que me impediu escoitar a Carrero Bianco e despedirme de Ana e Yolanda (as miñas públicas disculpas).

Na lembranza Reme e a petición de firmas para que unha rúa do barrio leve o seu nome, algo que non se pode facer esperar.

Hoxe tamén pasou o "surfer-major" co seu séquito botando flores e moedas á muchedumbre e recibindo besamans. Espero que esa visita de médico con cagarría que fixo dé o seus froitos e faga algo por evitar que este barrio siga degradándose, porque non nos olvidemos este é o auténtico motivo polo que as meninas un día decidiron vir de rule por Canido e se quedaron para sempre. Festa sí, pero reivindicación por enriba de todo.

Na miña condición de reporteiro dicharachero fixen unha serie de fotos cutres e vídeos ruinosos que subirei un día destes, aínda que creo que o mellor é esperar para rescatar o material que colguen as decenas de fotógrafos e cámaras que por alí pasaron con equipos bastante máis serios que a miña cámara de fotos de todo a cien.

Que esto se repita, pero hai que botarlle unha man a Eduardo que vai terminar ate o carallo de ser o que sempre curra mentres os demáis nos poñemos cegos de jarrillos, especialmente eu.

Opa Canido Ceibe!!!

Comentarios

Publicar un comentario