Festas en Canido

Canido [28/04/2012]
Festas en abril, grupo Alcotán, orquesta Ismael, toldo en martes....hai que acostumbrarse a tanto cambio, pero nada que alegar. Eu que non din picañada na organización e non me vou poñer aínda exquisito coas festas que traballaron outros.

O 29 deste mes recuperase un modelo de festas que parece que moita xente botaba en falta, o da verbena, o cabaliño, o tren da bruxa e o tiro con escopetas de cañón retorto. 

Parece que si non escoitamos chundas chundas, sorteos de "muñecas chochonas", ou non rematamos o día con  "elchachachadeltren", é como se nos faltase algo, como se a festa fose menos festa, e pode ser que sexa así. Eu non son desa idea, pero xa sabemos todos que eu son máis raro que un perro verde.

A min o que realmente me jodería é non escoitar gaiteiros, tamboriles, non ver o cruceiro engalanado, pasar un patrón sen Toldo e non ver rapaces facendo filigranas con flores nesa eclosión de maios no que transforman o noso barrio. Sen Isabel ou sen Alcanfor dando la barrila, seguro que sí. Eu non botaba de menos ese tipo de festa, pero seguro que pasarei para aproveitarme do traballo alleo e, por suposto, menear o cu.

En definitiva, temos tres días para enjarrillarnos, berrear, pero sobre todo para afianzar os noso compromiso co barrio. Para lembrar o noso MANIFESTO e de todos os veciños que xa non están no físico, pero sí en todos os nosos corazóns.

A disfrutar piltrafillas!!!

Comentarios