Como ben dicía o colega Tinaja, a COP15, a cumbre de Copenhague foi un total fracaso. Fracaso esperado, pero fracaso a fin de contas. O premio Nobel Obama pactou nunha tasca un acordo de coleguillas con China que ofreceu ao resto, pero sen vinculación de nungunha clase. O que queira que reduza e o que non pois nada, que siga botando CO2 como un cosaco.
A verdade e que Kioto tampouco se cumplía, para que nos imos enganar, pero tiñamos a ilusión de que de Copenhague saira un acordo serio de reducción. Un acordo non de mínimos se non ambicioso, solidario coas xeracións futuras, ás que só lles queda ir comprando bañadores e canoas para afrontar o futuro.
Pero eso non nos pode parar. As grandes decisións dos grandes mandatarios dos grandes paises son fundamentais, pero tamén o son as pequenas decisións dos pequenos mandatarios das pequenas cidades e pobos, e neles probablemente estean as solucións.
Os presupostos ben gastados, en proxectos que incidan na reducción de emisións: coma Plans Urbans mellor deseñados con obxectivos de reducción, inversións en enerxías renovables, eficiencia enerxética e Plans de Mobilidade son alguns dos exemplos.
O novo Plan E de Zapatero debería ir nesa liña, máis de novo os alcaldes queren gastar os cartos en estupideces que só benefician á súa conta particular de votos. A fin de contas o CO2 nin se ve.
Nós mesmos temos moito por facer, nas nosas vivendas, no noso traballo, na nosa vida social. Lonxe de caer no desánimo ímoslle facer un corte de mangas aos mandatarios.
En fin, que hai que irse preparando para suar.
Por un Canido Sostible e baixo en carbono.
Bo Nadal para todos