Canido Solidario


Opa a todos!

Levo tempo sen escribir no blogue pero non sen atendelo. Estou facendo algúns cambios para mellorar un pouco o caos no que se atopa neste momento, pero o tempo non da máis de si.

Pasamos o noso segundo cumpreanos e seguimos vivos. Iso sempre é unha boa nova.

Cada vez que pasamos por un aniversario quere dicir que nos achegamos ao Nadal e como cada ano toca sacar do máis profundo de todos nós os resquicios de solidariedade que nos podan quedar despois da epidemia de individualismo tipo A que nos asola.

Estamos en anos duros. Moitos de vós seguro que estades pasando por momentos jodidos. É probable que o desemprego chamara a vosa porta e teñades que pagar o pato do capitalismo desenfrenado e da especulación salvaxe na que vivimos durante anos, mentres os Aznares de turno nos facían crer que éramos unha superpotencia chupiguai e que como novos ricos podíamos despilfarrar despreocupados e a tutiplé porque xa habería un préstamo por aí co que facer fronte a nosa economía virtual.

Pois como estamos en anos duros e as Cocinas Económicas, as Cáritas e similares están de clientela ate arriba (invítovos a que vos pasedes por algunha destas institucións para comprobalo), fago un chamamento para que participedes activamente cun xesto de xenerosidade.

Este tipo de mensaxe para quen xa participa, (que sodes un montón, seino ben) pode resultar incluso ofensivo, pero é un risco que hai que correr. Prefiro quedar de pesado que non dicilo.

Xa sabedes que a parroquia recada tódolos anos polos necesitados do barrio, que os hai. Pídovos que participedes. Os cartos gástanse con total garantía, ao marxe de ideoloxías e crenzas persoais.

Cada ano son menos as parroquianas que fan a colecta. Digo parroquianas, porque segue sendo a muller quen mantén as nosas parroquias de xeito maioritario. Estas veciñas xogan un papel fundamental para moitas familias do barrio, e merecen un recoñecemento público da súa laboura.

Pero mentres non chegan os premios Nobel, a mellor forma de agradecer o seu traballo e afrouxando un pouco o peto na medida das nosas posibilidades.

Queda dito.

Agora xa podedes mandarme á merda.

Comentarios

  1. Pois serei o primeiro en mandarche...unha felicitacion, pois diches no cravo, o meu recoñecemento para esas mulleres que con a sua laboura altruista fan que as miserias parezan menos.

    ResponderEliminar
  2. E se preferides axudar aos demais, é dicir, axudarnos a nos mesmos/as, podedes colaborar de moitas maneiras posibles con outras entidadades e asociacións que hai no barrio como Dignidad, SDR Canido, AVV Canido, San Rosendo, grupo Vasco da Ponte, etc.
    Ánimo e feliz decembro

    ResponderEliminar
  3. Hombre comparar la SDR Canido con la ayuda de la parroquia a vecinos que no tienen cómo pagar su vivienda o comer tódos los días es un poco fuerte. Hay que ayudar a todos y son compatibles, pero la campaña de navidad es fundamental para mucha gente.

    Por cierto el San Rosendo por desgracia ya no existe.

    Saludos y disculpas.

    ResponderEliminar
  4. Todo é compatible, todo se pode comparar e cada un ten a súa función.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017