martes, 16 de diciembre de 2008

Nadal solidario en Canido

Por fin, hoxe saio de vacacións. Non é por dar envexa, pero e que hoxe empezo a disfrutar do Nadal (Aaaaa Beleeeeeén pastoreeeeess.....!, e todo eso).

Aínda que teño o ordenata cascado e o adsl tamén, malo será que non atopemos un xeito de conectarnos.

Vexo que xa empeza a faltar moita xente no foro que seguro terá a cabeza noutras historias ate pasadas estas datas.

Agora que teño tempo, espero darlle outra volta ao foro para meterlle algunha utilidade que outra e escribir algunha historieta no blog. Teño unha pensada que ten que ver cun decubrimento que fixen o outro día. Unha imaxe que pasou mil veces polos ollos, pero que somentes o outro día fun capaz de percibir. Xa falaremos diso, agora somentes me gustaría dicir unha cousa. Xa sei que todos os que entrades neste blog sodes xente de ben e comprometida, pero sempre queda algún despistado ao que recordarlle que nestas datas de derroche descomunal e de consumismo desaforado hai que lembrarse un pouco dos que teñen menos. Esto se traduce, en román paladino, en afrouxar un pouco o peto, non ten máis ciencia que eso. Se pensades en toda a pasta que se tira en memeces será fácil.

Campañas hainas de tódolos tipos, calquera vale. Eu especialmente invito a participar das que xurden de xente do barrio para solventar os problemas do barrio. Eso non quere dicir que non sexamos xenerosos con outras latitudes, que tamén, pero de vez en cando hai que acordarse do terceiro mundo que temos ao noso lado e que curiosamente nos pasa totalmente desapercibido.

Pero non pasa nada, o que non queira ser solidario non hai problema. Eu non lle desexo ningún mal, o digo de corazón.

Aínda que unha cagarría igual sí que lle desexo, ou dúas. Tampouco será moito pecado, non?.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Fabulosos Cubatas in concert

Acábame de chegar a noticia de que o sábado a partires das doce da noite hai unha actuación dos Fabulosos Cubatas no local da S.R.D Canido.
Penso que é unha boa oportunidade de ver en directo unha auténtica delicatessen da música actual, unha rareza das que manteñen vivas as ganas de escoitar música, e pasalo ben ao mesmo tempo, nun mundo plagado de Manustenorios e triunfitos varios.

Por si andas na inopia e non sabes de quen falo, primeiro busca a man dereita por si tampouco a atopas, despois vai a http://www.fabulososcubatas.com/.

Vémonos alí.

Canido Pata Negra.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Benvido Míster Marshall

En épocas de crise económica, un se acerca aos políticos e se se fixa ben observará como lles sae un fío de fume pola azotea. Sí, non é coña, todo o día dalle que dalle ten ás súas consecuencias negativas, o desgaste da masa encefálica e a consecuente transformación, pola lei da conservación da enerxía, en calor e fume. Fume do negro, para máis inri.

Nesas estamos. O Plan Zapatero chega como o salvavidas de Titanic, no momento en que un nota que lle faltan folgos e que se afunde e zuaassssssss!, caelle un donuts flotante ao que acollerse. Pero onde está o problema, se e que o hai?.

Poden suceder varias cousas, a primeira é que o flotador sexa de plomo, e ao querer collelo chegues ás aguas abisales. A segunda opción e que cando o vas a coller, chega alguén e cho manga, por exemplo ummmmmm, un constructor?.

Me explico. Creo que a Ferrol tócanlle 12 millóns, euro arriba euro abaixo. Criterio de poboación dicen. A Coruña 45, e a outros concellos cantidades parecidas. Pero, no é para a crise económica?. Ah coño, que Ferrol está no seu máximo esplendor, e Canido á cabeza. Tirando do carro, na vangarda.

A onde van eses cartos, en que se van a invertir?, en pito pito gorgorito para tí vai o milloncito. Aos de sempre.

Cada día nos parecemos máis a José Isbert a Lolita Sevilla o a Manolo Morán, vendo pasar os "Dogedar" a toda leche, esperando que un pare para que lle limpemos os zapatos, porque cartos de inversión imos ver poucos, ou se non ao tempo.

y como alcalde vuestro que soy os debo una explicación....

sábado, 6 de diciembre de 2008

Mensaxe dende a Lúa

ORGULLO BARRIERO, ORGULLO DE SER CANIDIENSE
POR "EL GALLEGO EN LA LUNA".

El otro día viendo la tele, vi un concierto de El Arrebato y el cantante llevaba escrito en la camiseta “ Orgullo Barriero”, al verla, me vino a la mente, nuestro querido barrio, me dije a mi mismo, joerrr, que bonito lema para nuestro barrio, porque ese sentimiento, es el mismo que tengo yo de toda la vida y que he visto en todos mis amigos del barrio, un enorme orgullo de ser de Canido o como decimos, Canidienses y presumiendo siempre de el.
Nunca a nadie de otros barrios de Ferrol, le he notado ese orgullo de pertenecer a un barrio, nunca he visto en otros barrios, tener un saludo propio, nuestro famoso “ Opa Canido” o el “Opaiiii”, gente que hace años que está fuera de Canido y cuando vienen y me saludan, siempre con nuestro saludo y la cara llena de orgullo.

Recuerdo en muchas ocasiones, cuando los amigos íbamos por ahí, los comentarios de amigos de otros barrios, cuando nos decían, joer, es que los de Canido sois la hostia, no comprendían como podíamos ser amigos desde la infancia, seguir juntos y con ese orgullo de ser Canidienses, esa unión que teníamos entre nosotros, siempre he notado una envidia sana por nuestra forma de presumir de ser de Canido.
Yo en concreto la he heredado de mis padres, que tanto ellos, como muchos otros, han hecho vida en Canido, siempre fomentando la vida familiar en el barrio, ayudando en el Canido, con sus bailes, su equipo de futbol, sus reuniones, o en la Parroquia, con aquellas estupendas excursiones y actividades.

Vaya esto por todos ellos y ellas, que se han sacrificado y nos han dado una identidad de BARRIO con mayúsculas, y espero que las nuevas generaciones, descubran ese Orgullo Barriero y que en Canido siempre siga reinando la alegría, como dice la canción.
Opa Canido.

Forges

Esperando Contenido Widget ...