Nadal solidario en Canido

Por fin, hoxe saio de vacacións. Non é por dar envexa, pero e que hoxe empezo a disfrutar do Nadal (Aaaaa Beleeeeeén pastoreeeeess.....!, e todo eso).

Aínda que teño o ordenata cascado e o adsl tamén, malo será que non atopemos un xeito de conectarnos.

Vexo que xa empeza a faltar moita xente no foro que seguro terá a cabeza noutras historias ate pasadas estas datas.

Agora que teño tempo, espero darlle outra volta ao foro para meterlle algunha utilidade que outra e escribir algunha historieta no blog. Teño unha pensada que ten que ver cun decubrimento que fixen o outro día. Unha imaxe que pasou mil veces polos ollos, pero que somentes o outro día fun capaz de percibir. Xa falaremos diso, agora somentes me gustaría dicir unha cousa. Xa sei que todos os que entrades neste blog sodes xente de ben e comprometida, pero sempre queda algún despistado ao que recordarlle que nestas datas de derroche descomunal e de consumismo desaforado hai que lembrarse un pouco dos que teñen menos. Esto se traduce, en román paladino, en afrouxar un pouco o peto, non ten máis ciencia que eso. Se pensades en toda a pasta que se tira en memeces será fácil.

Campañas hainas de tódolos tipos, calquera vale. Eu especialmente invito a participar das que xurden de xente do barrio para solventar os problemas do barrio. Eso non quere dicir que non sexamos xenerosos con outras latitudes, que tamén, pero de vez en cando hai que acordarse do terceiro mundo que temos ao noso lado e que curiosamente nos pasa totalmente desapercibido.

Pero non pasa nada, o que non queira ser solidario non hai problema. Eu non lle desexo ningún mal, o digo de corazón.

Aínda que unha cagarría igual sí que lle desexo, ou dúas. Tampouco será moito pecado, non?.

Comentarios

  1. ¡¡¡BO NADAL E FANTÁSTICO ANINOVO 2009 PARA TODOS VÓS!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Lolo Correa