Toldo solidario da Tafona e Festas de Canido

Canido [04/05/2014]
Recentemente fun especialmente crítico coa Asociación de Veciños "Cruceiro de Canido" no Facebook, por varias razóns. A primeira e máis importante, polo desprecio mostrado ó monumento que lles da nome, ao dificultar a ofrenda floral coa que as veciñas e veciños do barrio, dende tempos inmemoriais, agasallan á Santa Cruz.  

A outra razón, de carácter menor, pero que explica claramente a primeira, polo nome co que rebautizaron as nosas festas, outorgándolle o protagonismo principal aos Maios, fronte á Santa Cruz de Maio, referente que ás convirte en patronais por ser éste o nome que preside a nosa parroquia.

Este feito, a nivel persoal, desvirtuou totalmente un programa que a priori parecía interesante, con   actividades variadas nas que se evitaron horteradas tipo Paris de Panorama. E digo desvirtuar por estar feito dende o sectarismo, despreciando, por unha cuestión aparentemente ideolóxica, aos veciños e veciñas que cada ano, gracias a un compromiso casi sempre dende a fe, doan parte do seu tempo e diñeiro, en encher de flores o noso cruceiro, incluso en tempos cando ésta era a única proba da existencia de festas no barrio e a AAVV, con outros membros, non daba sinais de vida intelixente. 

De tódalas persoas que durante anos participaron e participan, creo que ninguén se ofenderá si fago especial mención a Reme, no quinto aniversario do seu pasamento. Este ano ademáis por outra razón especialmente importante, pois cando ninguén contaba xa co principal elemento diferenciador das nosas festas, o Toldo solidario, que non aparecía no programa das festas, xurdiu novamente ese espíritu de barrio, para facelo realidade gracias ao impulso dos veciños e veciñas, entre eles, como non, os fillos e fillas de Reme.

O resultado foron 553 euros que este ano irán destinados á rehabilitación do Albergue parroquial de Esmelle, por decisión dos seus promotores. Creo que falta lle fan.

Estou seguro que poden convivir perfectamente as tradicións coa innovación, a actividade hostaleira coa solidaria, é dicir, aquela que crea postos de traballo entre os nosos veciños, con aquela que se ocupa dos que non teñen nada. 

Pola miña parte, haberá festa sempre que vexa o cruceiro cuberto de coloridas flores, por moito escenario e chilindrada que vexa no medio dos xardíns.

Canido Sostible sempre.


Comentarios

  1. Moi bo artigo. Penso que é dificil o equilibrio entre a evolución e as tradicións e moito mais entre a igrexa e o progreso. Creo que a igrexa é culpable de moitos dos males do mundo, e tamén de canido. Se non estou equivocado o albergue de Esmelle, que fixeron os veciños de Canido co seu traballo e diñeiro, agora mesmo é do obispado que se apropiou del, fai uns anos, de forma cando menos dubidosa. Así que visto dende outro punto de vista o recadado nas tapas da tafona vai ir directamente ó peto a da igrexa, una asociación multimillonaria.
    Outro galo cantaría se os curas fosen todos como don Gabriel, que poñía a humanidade e o sentimento social de barrio por riba da igrexa, e xente como a nomeada e xenial Reme e tantas outras tan involucradas na parroquia, que facían do barrio esa unidade social que tan necesaria sería agora.
    Creo que é necesario ir eliminando á igrexa dos estamentos, pero isto non xustifica que non se respeten as crenzas e as tradicións de moitísima xente do barrio. O dito un equilibrio difícil

    ResponderEliminar
  2. Paréceme moi interesante o que comentas, por eso creo pertinente facer algunha aclaración nunha entrada nova do blog dalgún concepto que non é de todo correcto. Existe unha idea equivocada sobre a orixe do Albergue e sobre a súa financiación, que sin desmentir en su totalidad o que comentas, o matiza adecuadamente. Casi,para evitar escribir dúas veces, fagoo dunha tacada. Igual me leva un pouco, pero invítoche a que mires de vez en cando para vela. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario