Atoparse na fronteira

Canido [18/04/2016] Estas últimas semanas foron especialmente duras en canto a traballo e compromisos. A sensación de que ás veces non eres capaz de abarcar o suficiente para apretar o necesario non é boa, pero lévase peor cando te sintes incapaz de traspasar a barreira do entendemento dos teus interlocutores, fundamentalmente por falta de habilidade persoal.

Nunca é doado conseguir que propostas con certo grado de audacia e risco sexan acollidas de primeiras con agrado. Dicía un compañeiro que os profetas (non me estou referindo a min) entendense co paso do tempo, por eso hai que atender primeiro aos que falan a linguaxe dos homes. Non lle quito razón, pero para que se entendan as súas profecías co paso do tempo éstas teñen que ser ditas con anterioridade.

No caso da Igrexa, estas propostas novidosas son todavía máis complexas, porque vivimos nun momento onde facemos bastante evanxelización de mantenimiento, fundamentalmente para que os poucos fieles que quedan non escapen, pero non nos implicamos tanto naquela que busca a verdadeira misión, é dicir, a que se fai presente no mundo real, aquel onde se atopan as causas que orixinan os problemas de desigualdade desta sociedade. Ésta é xustamente a definición de Caridade Política: aquela que non somentes soluciona os problemas inmediatos dos que son o elemento central do Evanxeo, os pobres, senon que trata de eliminar as fontes desas desigualdades, loitando contra todo tipo de estructuras de pecado que tratan de desprazar do centro á persoa para convertila e  mera mercadoría.

É precisamente o traballo nesa fronteira entre Igrexa e sociedade o máis complexo,  o que poucos queren,  porque estás exposto aos paos por parte de todos aqueles que ven no cristianismo a un inimigo ao que combatir pero tamén a algúns compañeiros na fe, que te ven con certa desconfianza polos teus posicionamentos. En definitiva: meapilas para uns, comunista para outros.

A pesares destas dificultades, a supervivencia das comunidades parroquiais pasa por propostas imaxinativas que sexan capaces de transmitir que a Igrexa é un elemento a sumar, capaz de estar coa sociedade nos momentos difíciles ofrecendo receitas para a solución dos problemas que máis nos acucian, como os de tipo ecolóxico, económico, político ou social, e para eso é moi importante dar a coñecer o que foi o segredo mellor gardado dos sectores máis conservadores da Igrexa, a Doutrina Social, na que desgraciadamente nunca creron.

Un exemplo, cando o drama dos refuxiados chama ás nosas portas, non hai que deixar ningún xénero de dúbidas ás denuncias sobre a súa situación, en definitiva a Igrexa non pode mostrar grietas nese sentido.  O propio Papa Francisco dixo que non é cristiano pechar ás fronteiras, esas nas que él mismo se atopa e nas que se move con soltura, a sabendas de que é alí onde se pide que a Igrexa se faga presente.

Criticar a quen está do lado dos máis débiles, sexan estos inmigrantes, refuxiados ou clase obreira e traballadora empobrecida en xeral, para logo xustificar sen ningún pudor a existencia de fortunas de 60.000 millóns de euros non pode considerarse cristiano. Eu alomenos penso que non. 

É por iso que eu tamén estarei nas fronteiras e periferias da Igrexa toda a miña vida. Ese é o meu lugar. 

Comentarios