A Illa de máis-a-terra

Este é o camiño da Illa de Máis a Terra. A casi ninguén lle soará nin creo que consigades atopala, pero eso agora non importa.

É posible que vos pareza unha foto vacía, máis nela, se vos fixades ben, como só son capaces de facer as xentes de Canido, vai Leira, tranquilo cunha fouce, cara á súa querida "Chousa".

O tempo está parado, os reloxos son innecesarios, cada paso é un metro menos para chegar ao que Leira considera a felicidade plena.

Un raio de sol entre as pólas das árbores, un xílgaro que o saúda, as follas desordeadas e resecas van marcando o palpitar do camiño, curto, pero de infinita beleza que o conduce ao seu paraíso.

A soidade da illa, o fuxir do barco salvador, foron unha constante en Leira. O anonimato máis absoluto nunha vida entregada aos demáis. Éxito e fracaso unidos das mans, facendo a onda ao paso dun veciño que nunca quiso aparecer, estando sempre presente, na súa pelexa diaria contra a necesidade, a inxustiza e a pobreza de espíritu.

A Illa de Máis a Terra é refuxio de navegantes de secano, onde Angel Leira buscaba a soidade dos que nada queren de seu, dos que entregan a ialma cando é preciso, máis por contra reciben, desprezo, traizón e insolierariedade.

Canido Sostible, o teu sangue, non te esquence.

Comentarios

  1. hai moitos camiños similares, pero eu que ando moito polo monte penso que e un camiño que vai por cerquiña do castro de vilasanche e pasa pola "chousa" de valon, nalgunhas partes o camiño esta destrozado polos expoliadores da madeira tantas veces denunciados, ainda que na foto o que se aprecia e se non me equivoco a parte de atras de montecuruto, pode ser? por certo, boa idea

    ResponderEliminar
  2. pois como un ou dous Km de distancia cara ao mar

    ResponderEliminar

Publicar un comentario