Unha gata ferida de morte

Este é o aspecto que presenta a vella casa do patín, máis coñecida pola casa da "Gata Fera". Unha auténtica pena. Nela residiu durante moitos anos, unha das últimas sagas de persoeiros típicos do barrio, cuxo nome felino todos recordamos.

Descoñezo quen é o actual dono e que obrigacións ten respecto da conservación desta xoia da arquitectura popular situada no medio do barrio, no cruzamento das rúas Atocha con Máximo Ramos e Gabriel Vázquez Sejas. Tampouco teño idea se alguén pensou nalgún momento en catalogala e protexela, aínda que, a dicir do seu estado, teño clara a resposta.

O barrio está necesitado de servizos. En Oleiros xa estaría recuperada para o pobo ubicando nela unha biblioteca, un museo ou un centro de maiores. Eiquí é un nido de merda.

Non esperemos a que se caia para edificar un mágnífico edificio de vivendas, xa temos bastante co espanto que se vai facer con tanto orgullo en Pérez Parallé, acabando cun dos rueiros e unha das tascas mais auténticas que quedaban en toda a cidade, cuxo edificio, ferido de morte, ilustra á vosa dereita este pobre blog.

Comentarios

  1. Hoxe atopei o enlace co teu blog en La Voz de Galicia. Só quería decirche que me emocionou poder ler sobre o meu barrio, ver as fotos dos lugares polos que xoguei, onde me agachei para fumar os primeiros pitillos, a praia de Copacabana, as referencia a Gabriel...En fin, levo tepo fora ainda que parte da miña familia segue por aí e vou con frecuencia. Noraboa.
    Non ten nada que ver, pero se queres coñecer un blog familiar noso, esta é a url
    www.mamaetiopia.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Hola Ankami, se atí te emocionou o meu blog, non imaxinas a sensación que me producen as túas palabras.
    Espero poder ir cubrindo pouco a pouco con máis contidos do barrio para que quede a súa memoria en imaxes.
    Respecto o teu blog me parece alucinante. Co teu permiso, incluirei un enlace desde o meu.

    Un saúdo e opaiiiii!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario