
Descoñezo quen é o actual dono e que obrigacións ten respecto da conservación desta xoia da arquitectura popular situada no medio do barrio, no cruzamento das rúas Atocha con Máximo Ramos e Gabriel Vázquez Sejas. Tampouco teño idea se alguén pensou nalgún momento en catalogala e protexela, aínda que, a dicir do seu estado, teño clara a resposta.
O barrio está necesitado de servizos. En Oleiros xa estaría recuperada para o pobo ubicando nela unha biblioteca, un museo ou un centro de maiores. Eiquí é un nido de merda.
Non esperemos a que se caia para edificar un mágnífico edificio de vivendas, xa temos bastante co espanto que se vai facer con tanto orgullo en Pérez Parallé, acabando cun dos rueiros e unha das tascas mais auténticas que quedaban en toda a cidade, cuxo edificio, ferido de morte, ilustra á vosa dereita este pobre blog.
Hoxe atopei o enlace co teu blog en La Voz de Galicia. Só quería decirche que me emocionou poder ler sobre o meu barrio, ver as fotos dos lugares polos que xoguei, onde me agachei para fumar os primeiros pitillos, a praia de Copacabana, as referencia a Gabriel...En fin, levo tepo fora ainda que parte da miña familia segue por aí e vou con frecuencia. Noraboa.
ResponderEliminarNon ten nada que ver, pero se queres coñecer un blog familiar noso, esta é a url
www.mamaetiopia.blogspot.com
Hola Ankami, se atí te emocionou o meu blog, non imaxinas a sensación que me producen as túas palabras.
ResponderEliminarEspero poder ir cubrindo pouco a pouco con máis contidos do barrio para que quede a súa memoria en imaxes.
Respecto o teu blog me parece alucinante. Co teu permiso, incluirei un enlace desde o meu.
Un saúdo e opaiiiii!