Choche

Estimados canidieneses, levo tempo sen escribir neste blogue e teño certo sentimento de culpabilidade por non actualizar demasiado as entradas. Pero hoxe, como sempre, quérome acordar dun veciño que nos deixou onte ao que tíñalle grande aprecio porque coñecíao, a el e máis á súa familia, dende o meu nacemento. Falo de Choche, home de tasca, amante do clarete pero sobre todo da vida e da alegría de vivir no noso barrio.

Aínda que relativamente novo, era dos últimos dunha estirpe de homes de contumes sinxelas pero de apego pola elegancia. Era raro non ver a Choche impecablemente vestido e sempre cunha distinción especial para saudar aos amigos e sobre todo ás nosas nais, demostrando sempre o aprecio con eloxios xurdidos do máis profundo do seu corazón.

Pouco máis vou dicir do tema, porque eu teño a sorte de crer en que despois desta vida, ás veces bastante perra, hai algo que vale a pena, e estou totalmente convencido de que, como digo tantas veces,hoxe hai festa de benvida no ceo para outro célebre canidiense.

Que non pare a festa e de lágrimas non quero nin oir falar.

Ta logo Choche

Comentarios

  1. As miñas condolencias á súa compañeira e aos seus irmáns Moncho e Jesús.
    Ata logo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Festas de Santa Cruz 2017

Meninas de Canido 2017